Por que o mércores recibirás un SMS alertándote dunha catástrofe?

Miles de teléfonos galegos recibirán unha mensaxe cunha alerta de perigo do Goberno do Estado. Explicámosche por que vai acontecer

O Ministerio do Interior, a través da Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias, está a realizar as probas correspondentes para verificar o funcionamento do protocolo ES-Alert para enviar alertas á poboación que se atope nunha zona afectada por emerxencias ou catástrofes inminentes. É un sistema tamén coñecido como 112 inverso.

Previuse un calendario de probas nas diferentes zonas do Estado. Os centros de resposta a emerxencias, en coordinación co Centro Nacional de Seguimento e Coordinación Emerxencias do Ministerio do Interior, enviarán mensaxes simuladas alertando dun risco de protección civil e un asubío, acompañado de vibración, nos teléfonos móbiles alertará da recepción da mensaxe. E a Galicia tócalle este mércores.

Publicidade

O sistema É-Alert foi despregado o pasado 21 de xuño, e é futo da colaboración entre os Ministerios do Interior e de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, sendo financiado con fondos de recuperación e resiliencia. Esta tecnoloxía, que se pon a disposición das autoridades de protección civil de ámbito estatal e autonómico, suma unha nova ferramenta de alertas á poboación ás que xa conta o Sistema Nacional de Protección Civil.

Soará un asubío nalgúns teléfonos móbiles, anunciando que se trata dunha mensaxe de proba do sistema de alertas de protección civil a través das redes de telefonía móbil e sinalando que non hai que facer nada especial. É unha proba para asegurar que funciona adecuadamente.

Publicidade

O texto da mensaxe

Pero, cal é o texto da mensaxe? Protección Civil explica que dirá: “Isto é unha mensaxe de proba do novo sistema español de avisos de emerxencias a través de redes de telefonía móbil ‘112 inverso’ enviado polos Servizos de Protección Civil. Unha vez lido a mensaxe pulse ‘Aceptar’ para eliminalo da pantalla. Non é necesario realizar ningunha outra acción”.

O sistema permite seleccionar o envío da mensaxe en español e inglés. Doutra banda, o Ministerio do Interior non controla aos destinatarios, é dicir, respéctase a protección de datos, porque para envialo cóntase cun sistema cego que non sabe nada do individuo que recibe a alerta, senón que se envía aos cartóns SIM pola localización das mesmas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Axencia Espacial Española emite unha alerta por unha severa tormenta solar

O evento natural, un dos máis potentes segundo as escalas, pode causar alteracións en redes eléctricas e erros en sistemas de navegacións

Primavera anticipada? Galicia roldará esta semana os 20 graos en pleno febreiro

Unha profunda borrasca no Atlántico afectará ao litoral galego creando unha alerta amarela por ondas de entre catro e cinco metros de altura para este martes e mércores

Unha ferramenta dixital permitirá alertar os apicultores galegos de ameazas nas colmeas

O proxecto ApiConecta, coa participación da UVigo, establecerá unha rede de comunicación entre persoal apicultor e técnico sobre os riscos das abellas

Sen evidencia científica para a aromaterapia e o Tai Chi: esta é a nova lista de pseudociencias

O ministerio de Sanidade realizou novos informes para combater as pseudoterapias que sea basean en estudos de baixa calidade