Primavera anticipada? Galicia roldará esta semana os 20 graos en pleno febreiro

Unha profunda borrasca no Atlántico afectará ao litoral galego creando unha alerta amarela por ondas de entre catro e cinco metros de altura para este martes e mércores

Temperaturas de primavera e litoral de inverno. Así se podería resumir a meteoroloxía que vivirá Galicia estes días. Unha profunda borrasca no Atlántico afectará ao mar de fondo polo que a Axencia Estatal Meteorolóxica (Aemet) vén de activar unha alerta amarela por ondas para este martes 18 e mércores 19. Os termómetros “por riba da media” rozarán os 20 graos durante as próximas xornadas nalgunhas cidades galegas.

Esta semana a meteoroloxía en terra e mar será moi diferente. Por unha banda, unha profunda borrasca no Atlántico afectará ao mar de fondo, que poderá crear ondas de entre catro e cinco metros de altura no litoral das provincias de Pontevedra e A Coruña. Por este motivo, a Aemet e MeteoGalicia veñen de activar un aviso amarelo para este martes 18 e mércores 19 de febreiro nas Rías Altas e Baixas. “Agárdase que para o xoves tamén poida existir alerta amarela, pero estas predicións só chegan a tres días”, indican fontes da axencia galega.

Publicidade

Temperaturas “por riba da media”

Malia que a borrasca do Atlántico ten asociada varias frontes preto de Galicia, non “chegarán a atravesar completamente a Comunidade” durante as próximas xornadas. Malia isto, na noite do martes ao mércores poderían caer algunhas lixeiras precipitacións nos concellos das Rías Baixas e no sur de Ourense, segundo indica Meteogalicia.

As temperaturas para estes días ascenderán durante este mesmo martes, deixando máximas que rozarán os 20 graos en Pontevedra ou Vigo. As mínimas para esta xornada oscilarán entre os 5 graos de Lugo e os 10 da Coruña. De cara ao mércores os termómetros manteranse semellantes, con 19 graos de máximas en Ourense, mentres que o resto das grandes cidades galegas estarán nos 17 graos.

Publicidade

A semana avanzará “con temperaturas moi estables en terra e por riba da media” debido a influencia dos ventos do sur que traen un aire cálido, segundo detallan dende Meteogalicia. A medio prazo, as probabilidades de chuvia aumentan ata o 90% en cidades como Vigo, Santiago ou Lugo debido a entrada doutra fronte atlántica.

Gloria Montenegro
Gloria Montenegro
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa andaina profesional en Faro de Vigo e Si Radio de Galicia. A súa experiencia profesional levouna polas redaccións de Nós Diario e Metropolitano.gal, mais tamén pola comunicación de festivais como Revenidas ou de grupos como Banda Crebinsky. Sempre cunha cámara de fotografía na man, retratou artistas como Rodrigo Cuevas ou Tanxugueiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Buscar e atopar

Unha rara bolboreta nocturna, un tesouro galego baixo a auga e un buque oceanográfico cara á Antártida. Por Andrea Veiga

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves