Galicia rexistra en 2025 o terceiro xaneiro máis cálido dos últimos sesenta anos

O último informe de Meteogalicia reflicte que a temperatura media foi de 9,8 graos, o que 1,8 graos superior ao normal

Galicia rexistrou en 2025 o terceiro mes de xaneiro máis cálido dos últimos sesenta anos, tal e como indica o avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia. Segundo os valores rexistrados nas estacións meteorolóxicas máis representativas, a temperatura media o pasado xaneiro foi de 9,8 graos, o que supón un valor de 1,8 graos superior ao normal neste período do ano, polo que se considera un mes extremadamente cálido. De feito, trátase do terceiro xaneiro máis cálido desde 1961.

Máis polo miúdo, o valor medio da temperatura máxima foi de 12 graos cun gran contraste entre as comarcas costeiras e as de interior. Así, os valores máis altos rexistráronse na comarca do Salnés (entre 14,3 e 15,2 graos) e os máis baixos (entre 6 e 7,7 graos) nas serra de Queixe e do Eixe.

Publicidade

Mes extremadamente húmido

En canto ás temperaturas mínimas, o valor medio foi de 5,2 graos. Os rexistros máis baixos déronse nas áreas de montaña da provincia de Ourense con valores de entre 0,1 e 1,4 graos mentres que os máis altos, que estiveron comprendidos entre os 8,5 e os 9,9 graos, localizáronse na península do Morrazo.

Polo que respecta ás precipitacións, a chuvia media acumulada durante xaneiro foi de 345 litros por metro cadrado, o que representan un rexistro un 125% superior aos valores climáticos normais nesta época do ano, polo que se pode considerar un mes extremadamente húmido.

Publicidade

Os acumulados máis altos déronse nas serras litorais e, sobre todo, no suroeste da provincia da Coruña, con valores entre os 650 e 850 litros por metro cadrado. A menor cantidade de precipitación, comprendida entre 120 e 160 litros por metro cadrado, rexistrouse no este da provincia de Ourense e no litoral da de Lugo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla