O ano máis caloroso das nosas vidas: 135 anos de quentamento global en 30 segundos

As alarmas están acendidas. O 2014 foi o máis caluroso dos últimos 135 anos, desde que se teñen rexistros de temperaturas. Así o demostra un informe dos investigadores da Axencia Oceánica e Atmosférica dos Estados Unidos (NOAA, nas súas siglas en inglés), confirmado por unha análise da NASA que chegou á mesma conclusión. “A calor récord foi xeral en todo o mundo”, segundo os científicos.

Dende 1880 a temperatura media da superficie terrestre subiu preto de 0,8 graos celsius, unha tendencia en boa medida impulsada polo aumento do dióxido de carbono e outras emisións contaminantes á atmósfera producidas polo ser humano. E  a maior parte dese quentamento produciuse nas últimas tres décadas. O ano 20’14 foi o máis quente cunha temperatura media mundial global que foi de 0,69 grados celsius por enriba do promedio do século XX. Así, foi o parámetro máis alto desde hai 135 anos, superando por 0,04 grados os anteriores récords de 2005 e de 2010.

Publicidade

O récord de calor foi global, afectando a zonas tan variadas que van desde o extremo oriente de Rusia ó oeste de Alaska, o oeste de Estados Unidos, partes do interior de América do Sur, a maior parte de Europa, o norte de Africa, partes do este e oeste da Australia costeira, gran parte do noreste do Pacífico arredor do Golfo de Alasca, o Pacífico ecuatorial occidental, grandes franxas do Atlántico noroeste e sudeste, a mayor parte do mar de Noruega e partes do centro ata o sur do Océano Indico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Academia Galega de Belas Artes insta á Xunta a recuperar os torques de Ansorena

As pezas de posible orixe castrexa recibiron unha oferta de 210.000 euros durante unha poxa, pero a venda anulouse

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade

Como de conectado está o teu concello? Descúbreo con esta ferramenta interactiva

O mapa de Strado puntúa os barrios europeos en función da súa accesibilidade a servizos da vida diaria e social

Yolanda Prezado: “O Centro de Protonterapia situará Galicia nunha situación privilexiada para investigar”

A física galega, premiada co Wonenburger 2026, consolidou a súa traxectoria en Francia e regresou en 2024 a Galicia para crear escola no eido da radiobioloxía