Os últimos sete anos foron os máis calorosos dende que hai rexistros

Tamén aumentan as concentracións mundiais de dióxido de carbono e metano, segundo o informe anual de Copernicus, o Servizo Climático da Unión Europea

Os datos son categóricos. Os últimos sete anos foron os máis cálidos dende que hai rexistros. Así o recolle o último informe de Copernicus, o Servizo de Cambio Climático da Unión Europea. Non obstante, deses sete períodos, o 2021 foi un dos máis frescos, xunto co 2015 e o 2018, que rexistraron temperaturas máis baixas. Amais disto, o documento advirte do aumento da concentración de gases de efecto invernadoiro de “maneira moi substancial” ao longo de 2021.

As temperaturas en Europa

O verán de 2021 en Europa “foi o máis cálido dende que existen rexistros”. Unha estación que tamén estivo protagonizada por eventos extremos, como as choivas intensas de xullo na zona occidental de Europa central, que provocaron graves inundacións en países como Alemaña, Bélxica, Luxemburgo e Países Baixos. Pola contra, a zona do Mediterráneo sufriu unha onda de calor entre xullo e agosto que afectou, sobre todo, a Grecia, España e Italia. Tamén houbo “incendios prolongados e intensos” que arrasaron a zona mediterránea oriental e central, con Turquía como un dos países máis afectados.

Publicidade

Porén, a primavera e os últimos meses do inverno estiveron preto ou debaixo da media de temperaturas estimadas para o período de referencia (1991-2020). De feito, en abril houbo unha fase fría que provocou xeadas na zona occidental do continente. En canto a Norteamérica, tamén hou anomalías térmicas, con temperaturas máis cálidas do habitual.

Concentracións de gases de efecto invernadoiro

En relación ás concentracións de dióxido de carbono, que continúan aumentando o mes de abril de 2021 rexistrou a maior concentración do ano. A cantidade de metano na atmosfera tamén se viu incrementada de maneira considerable, con taxas “moi elevadas” en comparación coas dúas décadas previas de datos. “É difícil identificar a orixe do aumento porque o metano procede de moitas fontes, algunhas das claes son antropoxénicas (como a explotación de xacementos de petróleo e gas), aínda que tamén as hai naturais e seminaturais (como os humidais)”, segundo recollen no informe.

Publicidade

“As concentracións de dióxido de carbono e metano continúan aumentando cada ano e non dan sinais de ralentización. Estes gases de efecto invernadoiro son os principais responsables do cambio climático. Só poderemos marcar realmente a diferenza na nosa loita contra a catástrofe climática con esforzos firmes respaldados por evidencias derivadas da observación”, segundo declarou o director do Servizo de Vixilancia Atmosferica de Copernicus, Vincent-Henri Peuch.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"