2015, o sexto ano máis cálido en Galicia dende 1971

A piques de rematar, o ano 2015 será o sexto máis cálido dende 1971 en Galicia, segundo revelaron os responsables da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) na comunidade durante a presentación do balance climático do outono e as previsións para os vindeiros meses. Quente e tamén pouco chuvioso, xa que hai zonas das Rías Baixas con índices de precipitacións por debaixo do límite da seca.

Novembro foi un mes cálido e seco, con mínimas altas
Novembro foi un mes cálido e seco, con mínimas altas

“O ano tería que acabar con valores por debaixo de -1 para falar de seca e hai determinadas zonas por debaixo do -2”, explicou José María Pascual, xefe de Relacións cos Usuarias da Aemet. No que respecta á temperatura, o representante de Aemet explicou que 2015 será ” o cuarto máis cálido da serie”, en alusión a 2006, 2011 e 2014 e” e, no caso galego, “o sexto ano máis cálido dende 1971″. Doce meses ademáis secos, cun déficit de precipitacións do 15%, xa que hai zonas máis afectadas aínda.
Calido aínda que non tanto como o de 2014, o outono que remata foi no tocante á chuvia similar ao de 2011 e non moi diferente a varios anos da década dos 80. No balance xeral non conta a o ciclón Henri, que azotou Galicia a mediados de setembro, unha excepción nestes semanas de outono sen cicloxéneses e poucos paraugas. Con todo, o comezo do outono foi enganoso, o mal tempo chegou axiña e, de feito, o último setembro foi o máis frío das últimas dúas décadas. Outubro tampouco comezou despexado; o 4 e 5 de outubro pasou sobre Galicia unha das escasas borrascas destes meses.

As máximas o día 7 de novembro foron de 26 graos en Ourense

En novembro marcharon as chuvias e as temperaturas subiron. O penúltimo mes do ano estivo “entre os dous ou tres máis cálidos dos últimos 40 anos“, asegura Pasculal. O Observatorio de A Coruña rexistrou unha mínima moi alta para a estación; 18,6 graos en Ourense o día 7 de novembro. As máximas aquela xornada foron de 26,3 graos.
Malia todo, estes días xa foron chuviosos en boa parte de Galicia e vai ser complicado librarse do mal tempo tamén nos próximos días. José Hierro, responsable do Grupo de Prediccións da Aemet en Galicia, avisa de que do 24 ao 26 de decembro chegará outra fronte ao noroeste peninsular e con ela a auga. Xaneiro, febreiro e marzo deixaran temperaturas superiores aos habituais, en Galicia e no resto de España tamén. Di os expertos da Axencia que existe bastante probabilidade de que as chuvias superen os valores normais.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un domo de calor trae a Galicia temperaturas superiores aos 30 graos nos primeiros días de xullo

O anticiclón e o nordés serán as claves de que os valores sexan máis cálidos do normal, ben diferenciados entre o norte e o sur

▪️ As consecuencias das chuvias torrenciais sobre Ourense

MeteoGalicia rexistra 5.990 raios nas últimas 24 horas e un máximo de vento de 71,6 km/h en Viana do Bolo, un dos concellos máis afectados

Galicia rompe o tópico: en 2025 rexistráronse máis horas de sol do habitual

O documento confirma o aceleramento do quentamento global ao recoller unha temperatura media de 1,1 graos por enriba do promedio anual normal

Un potente anticiclón chega a Galicia: estamos ante a primeira onda de calor do ano?

As temperaturas poderán ser as máis altas rexistradas para esta época do ano entre finais da semana e comezos da próxima