Correntes estelares na galaxia Balea

Créditos a imaxe e copyright: R Jay Gabany (Blackbird Observatory) Colaboración: David Martínez-Delgado (Universidade de Heidelberg), et al.
Créditos a imaxe e copyright: R Jay Gabany (Blackbird Observatory)
Colaboración: David Martínez-Delgado (Universidade de Heidelberg), et al.

Explicación: NGC 4631 é unha galaxia espiral que se atopa a só 25 millóns de anos luz de distancia, cara a dócil constelación setentrional de Canes Venatici. Ollada de canto, a galaxia ten un tamaño similar á Vía Láctea. A súa forma de cuña retorta suxírelle a algúns un arenque a outros o seu alcume popular: a galaxia Balea. A compañeira elíptica pequena e bastante brillante da gran galaxia, NGC 4627, atópase xusto por riba do seu núcleo poeirento amarelado, pero tamén se poden identificar as galaxias ananas e tenues, descubertas recentemente, no interior do halo de NGC 4631. De feito, os rasgos débiles e estensos por baixo (e por riba) de NGC 4631 sábese agora que son correntes estelares de marea; que veñen a ser remanentes dunha galaxia anana satélite rachada polos repetidos encontros coa Balea que comezaron hai uns 3.500 millóns de anos. A presenza de correntes estelares de marea é predicida, incluso en galaxias achegadas, polos modelos cosmolóxicos de formación galáctica, incluíndo a formación da nosa propia Vía Láctea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo