A Terra escura cun espectro vermello

Créditos da imaxe: ISS Expedition 31 Crew, NASA
Créditos da imaxe: ISS Expedition 31 Crew, NASA

Explicación: hai algo moi estraño nesta imaxe da Terra; podes atopalo? Un fenómeno fuxidío que antano se pensaba era só unha lenda captouse recentemente se sabes onde ollar. A fotografía superior tirouse desde a International Space Station, ou Estación Espacial Internacional (ISS) en órbita, o pasado abril e amosa os familiares paneis solares da ISS no extremo esquerdo e parte dun brazo robótico no extremo dereito. O fenómeno, raramente fotografado, coñécese coma un espectro* vermello e pode verse, aínda que sutilmente, xusto sobre a área brillante á dereita da imaxe. A area brillante e o espectro vermello son clases diferentes de lóstregos, sendo o flash branco a clase máis típica. Aínda que os espectros foron notificados de xeito anecdótico ao longo de 300 anos, foron captados por primeira vez nunha película no ano 1989; por accidente. Aínda hai moito sen saber sobre os espectros, incluíndo como ocorren, o seu efecto no circuíto eléctrico atmosférico global e se están dalgún xeito relacionados con outros fenómenos de lóstregos da atmósfera superior tales coma os jet ou chorros azuis ou os flashes gamma terrestres.
* N. T.: no orixinal, “sprite”. Optamos polo termo “espectro” pois ten o dobre sentido de algo pantasmal e relacionado co espectro electromagnético.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo