Covid 19

Estas son as medidas para o peche da Mariña debido ao brote da Covid-19

Levar máscara "en todo momento", limitacións de aforos e reunións semellantes á fase 2 e atención preferente a maiores de 65 anos, son algunhas das normas

Os brotes da Covid-19 en Galicia sitúan a epidemia en niveis do 1 de xuño

A Consellería de Sanidade eleva a 47 os positivos vinculados ao foco da Mariña, onde se fixeron máis de 1.000 probas a contactos das persoas infectadas

Unha análise sitúa a taxa de letalidade da Covid-19 en Galicia preto da media española

O estudo, enviado á revista da Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria estima, cos datos de seroprevalencia, que faleceron 8,56 de cada mil casos

Os rebrotes en Galicia causan o maior número de casos novos de Covid-19 no último mes

A Xunta de Galicia notificou ao Ministerio de Sanidad sete novos casos durante o mércores, segundo o informe difundido esta tarde

Un foco familiar de Covid-19 en Xove pon en corentena a unhas 40 persoas

A Consellería de Sanidade informou no serán do martes de oito persoas que deron positivo, 4 negativos e 25 máis pendentes de resultado

O Sergas detecta un brote de coronavirus no Barbanza con 9 positivos

A orixe do abrocho está nun cidadán que regresou do Brasil e os afectados están actualmente en illamento domiciliario

Descobren variantes xenéticas que poden agravar a Covid-19

Unha investigación internacional atopa que o grupo sanguíneo A asóciase cun maior risco de complicacións respiratorias fronte ao grupo O

Como está a pandemia en Galicia? Seis claves e gráficos para situarse

A nova estratexia de diagnóstico, centrada na detección precoz e o control de rebrotes, detecta menos de dous casos diarios en Galicia

Un test da Covid-19 baseado na detección de vida extraterrestre

O CiMUS de Santiago de Compostela participa no deseño para detectar anticorpos do SARS-CoV-2 cunha técnica molecular de fluorescencia

Dexametasona: prudencia ante a última gran esperanza contra a Covid-19

Un ensaio clínico realizado en 11.000 pacientes no Reino Unido amosa que este fármaco reduce a mortalidade nos casos moi graves da infección

O coronavirus é unha ameaza global para o noso sistema nervioso

Un novo estudo publicado en Annals of Neurology revela os graves danos neurolóxicos que provoca a Covid-19

A Covid-19 en España: un prudente optimismo

A autora apunta varias claves para confiar en que as medidas tomadas e a responsabilidade cidadá contribuirán a reducir o risco de rebrotes

Coronavirus e medios de transporte: contaxios en tren, avión e bus

O biólogo vigués Antonio Figueras, do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), analiza neste artigo os riscos de contaxio no transporte colectivo

O ICM de Lugo aumenta a súa capacidade para facer 3.000 PCR diarias

O laboratorio, único centro privado validado polo Instituto Carlos III para as probas de detección do SARS-CoV-2, incorpora dous robots de última xeración

A Comisión Europea impulsa a vacina da Covid-19 deseñada en Galicia

O organismo comunitario financiará os ensaios en animais de experimentación co método ideado polo grupo de José Martínez Costas no CiQUS

O estudo da Xunta sobre a Covid-19: un plan político ou científico?

O Sergas mantén a enquisa de anticorpos do SARS-CoV-2 no medio das críticas dos sanitarios e as dúbidas sobre o valor engadido que achega