coronavirus

Unha análise sitúa a taxa de letalidade da Covid-19 en Galicia preto da media española

O estudo, enviado á revista da Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria estima, cos datos de seroprevalencia, que faleceron 8,56 de cada mil casos

Freo na ‘desecalada’ na Mariña pola posible “transmisión comunitaria” do coronavirus

A Consellería de Sanidade demora a celebración de festas en 14 concellos do norte de Lugo e confirma xa 35 positivos na comarca

As bacterias gastrointestinais, aliadas contra a Covid-19

A científica lucense, experta no estudo da microbiota, aborda neste artigo o risco que supón a aparición de síntomas intestinais na doenza

Unha guía para reducir o risco de contaxio da Covid-19 no socorrismo

Investigadores das tres universidades galegas colaboran no "primeiro artigo a nivel internacional" sobre saúde laboral e prevención da doenza no sector

Os focos de Covid-19 na Mariña suman 28 positivos e máis de 300 probas

O director do CCAES, Fernando Simón, advirte de que hai que manexar "con moito coidado" brotes como os producidos en Lugo

Perdeu agresividade o SARS-CoV-2? Ollo coas ilusións víricas enganosas

O autor advirte da complexidade que conleva a afirmación de que o novo coronavirus é menos agresivo ca nos primeiros meses da pandemia

O Sergas detecta catro casos máis de Covid-19 na Mariña e investiga outro foco

A Consellería de Sanidade informou este venres de que se están a seguir a máis dun cento de persoas que estiveron en contacto coas infeccións confirmadas

As consecuencias da incorrecta eliminación de millóns de máscaras

O enorme volume de aparellos de protección fronte ao SARS-CoV-2 está a producir un importante impacto ambiental no planeta

Os rebrotes en Galicia causan o maior número de casos novos de Covid-19 no último mes

A Xunta de Galicia notificou ao Ministerio de Sanidad sete novos casos durante o mércores, segundo o informe difundido esta tarde

O coronavirus actúa como unha enfermidade de transmisión sexual

O equilibrio entre perniciosidade e transmisibilidade axuda a manter a un patóxeno baixo control, e o SARS-CoV-2 amosa patróns peculiares neste sentido

Un foco familiar de Covid-19 en Xove pon en corentena a unhas 40 persoas

A Consellería de Sanidade informou no serán do martes de oito persoas que deron positivo, 4 negativos e 25 máis pendentes de resultado

Por que se perde o olfacto e o gusto ao padecer a Covid-19?

O autor explica no texto os mecanismos mediante os que o SARS-CoV-2 pode afectar aos tecidos olfactivos e gustativos durante a infección

Focos e rebrotes en Galicia: un risco real nas vindeiras semanas

Os contaxios detectados no Barbanza obrigan a activar o seguimento de contactos e a poñer en corentena a arredor dun cento de persoas

O Goberno achega a Zendal preto dun millón de euros na busca da vacina da Covid-19

O grupo, con base no Porriño, mantén abertas varias liñas de investigación para atopar vías de inmunización contra o SARS-CoV-2

O Sergas detecta un brote de coronavirus no Barbanza con 9 positivos

A orixe do abrocho está nun cidadán que regresou do Brasil e os afectados están actualmente en illamento domiciliario

Stanley Plotkin: pai da vacina da rubéola: “Son optimista, nunca vin un esforzo así”

O científico estadounidense participou nun encontro virtual organizado polo doutor galego Federico Martinón, no que falou sobre a vacina da Covid-19