O Goberno achega a Zendal preto dun millón de euros na busca da vacina da Covid-19

O grupo, con base no Porriño, mantén abertas varias liñas de investigación para atopar vías de inmunización contra o SARS-CoV-2

O Ministerio de Ciencia e Innovación aprobou a semana pasada o primeiros sete proxectos da convocatoria extraordinaria para a Covid-19 que subvencionará con 12 millóns de euros as iniciativas empresariais de I+D e investimento dedicadas ao incremento de produción de material de emerxencia, mellora do tratamento e diagnóstico da enfermidade e implantación de medidas de saúde pública. A liña de financiamento, xestionada polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), concedeu na súa primeira resolución 2,9 millóns de euros, dos que máis de un teñen como destinatario ao grupo Zendal, con base na localidade do Porriño, e que mantén abertas varias investigacións para buscar unha vacina fronte á infección causada polo SARS-CoV-2.

O fondo extraordinario financiará os proxectos das empresas CZ Veterinaria e Biofabri. No primeiro dos casos, achegaranse 499.807 euros para a proposta “Desenvolvemento dunha vacina fronte ao coronavirus mediante a expresión da proteina S no virus vaccinia modificado de Ankara”. No referente a Biofabri, financiarase o “Desenvolvemento dunha vacina de ADN fronte ao Coronavirus SARS-CoV-2” con 486.420 euros. A achega do CDTI supón arredor dun 80% do total do orzamento dos proxectos.

Publicidade

O grupo Zendal está a investigar nos últimos meses se a vacina contra a tuberculose MTBVAC, deseñada por Biofabri e a Universidad de Zaragoza, podería ser útil fronte ao virus, para o que recibiu financiamento do Instituto Carlos III. Por outra banda, Zendal tamén prestou apoio á investigación que lidera desde Santiago de Compostela o científico José Martínez Costas, que xa está a traballar, con fondos tamén achegados polo ISCIII, cunha metodoloxía patentada na universidade compostelá na procura dunha vacina.

Zendal súmase desde O Porriño á procura dunha vacina para o coronavirus

Ademais das dúas empresas do grupo Zendal, a primeira resolución establece apoios ás empresas DNT NONWOVEN FABRICS S.A., PREMO SAU, VIRALGEN VECTOR CORE SL, HERSILL, S.L. e OIARSO, S. COOP. LTDA. Dos proxectos aprobados, tres realizarán investigacións e investimentos produtivas no ámbito das vacinas contra a Covid-19, dous presentan desenvolvementos para sistemas de ventilación asistida (respiradores) e os dous últimos están relacionados coa fabricación de produtos sanitarios de protección (máscaras).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais