Saúde

Unha científica da UVigo participa nunha nova terapia contra o cancro de mama

Ana Igea colaborou nun artigo que aborda a variante máis agresiva deste cancro, mellorando a eficacia dos tratamentos

Hoxe é o Día do Celíaco, unha doenza que afecta a 27.000 galegos

O un por cen da poboación mundial é celíaca. Se extrapolamos estes datos a Galicia falamos de aproximadamente 27000 persoas que non poden consumir...

Catro novos hospitais galegos súmanse á biopsia líquida do cancro

O proxecto dde Oncomet pretende atopar un sistema de diagnóstico de tumores con mostras de sangue

A sanidade en España xa non está nas 10 mellores do mundo: cae ao posto 19

O informe da prestixiosa revista The Lancet amosa un desplome da atención sanitaria española

8.000 galegos sofren epilepsia resistente aos fármacos

A Unidade de Epilepsia Refractaria de Santiago, de referencia estatal, atendeu o ano pasado a 634 persoas, e 115 deles eran novos casos

Científicos galegos afondan nas diferenzas entre infeccións víricas e bacterianas

Antonio Salas e Federico Martinón publican en 'Scientific Reports' un traballo sobre os problemas de resistencia a determinados antibióticos

Stanley Prusiner: “Hai evidencias de que os prións poden causar o Parkinson”

O Nobel de Medicina de 1997, descubridor dos prións, uns letais axentes infecciosos, falou este mércores en Santiago de Compostela

Un casco para evitar a caída do cabelo durante a quimioterapia

O hospital de Ourense é un dos primeiros centros públicos en ofrecer aos seus pacientes este sistema de xeito gratuíto, que arrefría a cabeza

Antón Barreiro recibe unha nova bolsa de excelencia para estudar as lesións medulares

A Fundación Francisco Cobos outorgoulle unha das axudas Eduardo Gallego para investigadores no campo da biomedicina

O Clínico de Santiago, nunha rede europea para desenvolver fármacos infantís

Os investigadores composteláns tomarán parte nun proxecto cunha duración de seis anos e un orzamento global de preto de 140 millóns de euros.

O ébola chega no Congo a unha zona urbana de 1,2 millóns de habitantes

A OMS amosa a súa preocupación pola propagación do actual abrocho do virus, que causou no que vai de ano 23 mortos

O enigmático crebacabezas do lupus

As causas desta patoloxía aínda son descoñecidas polo que non hai cura. Os síntomas son diversos, pero cada vez é máis fácil de identificar

Unha investigación da USC analiza as esponxas mariñas como antitumorais

A tese de doutoramento de María Roel Sánchez estuda en peixe cebra compostos con orixe no mar

Galicia é unha das zonas con máis obesidade, e este estudo intenta explicar por que

A primeira tese en Nutrición e Dietética da USC identifica os factores que predispoñen á obesidade en Galicia a través da análise da microbiota intestinal

Un estudo da UVigo revela a principal causa da fibrose

A investigadora Andrea Fernández concluíu na súa tese que a inflamación xerada na cavidade peritoneal é, en moitos casos, a causante desta doenza

Crean un modelo estatístico para predicir a gripe a través do parte meteorolóxico

Dous investigadores galegos asinan un traballo que pode axudar a mellorar a resposta sanitaria ante os brotes epidémicos