Antón Barreiro recibe unha nova bolsa de excelencia para estudar as lesións medulares

A Fundación Francisco Cobos acaba de conceder unha das dúas bolsas da convocatoria Eduardo Gallego para investigadores no campo da biomedicina ao investigador do Departamento de Bioloxía Funcional Antón Barreiro Iglesias. O obxectivo da bolsa é dar continuidade á carreira de investigadores que finalicen un programa de excelencia. Actualmente, Antón Barreiro atópase no último ano do contrato posdoutoral do programa I2C e a axuda permitiralle seguir investigando no eido da lesión medular.

O traballo do investigador da USC céntrase no estudo de modelos animais como lampreas ou peixe cebra por ser capaces de recuperarse de forma espontánea tras unha lesión medular completa, algo que nunca ocorre en humanos. Como explica o doutor Barreiro, “a idea é intentar entender como estes animais conseguen recuperarse e buscar aquelas moléculas que favorecen o proceso de rexeneración e recuperación”. O traballo de Barreiro céntrase especificamente no papel dos neurotransmisores na rexeneración neuronal e axonal. “A idea moi a longo prazo é intentar trasladar os resultados en modelos animais ao desenvolvemento de fármacos ou terapias para o dano medular”, aclara o investigador.

Publicidade

A bolsa recibida por Barreiro súmase ao financiamento recibido nos últimos anos para afondar na súa liña de investigación. O ano pasado, a través dunha campaña de micromecenado impulsada a través do portal Precipita da Fecyt, obtiveron máis de 6.000 euros para as súas investigacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais

Un modelo da UDC simula como se comportará a rótula tras unha operación de prótese de xeonllo

A ferramenta desenvolvida no CITENI permite comparar diferentes escenarios cirúrxicos e adaptados ás características de cada paciente

Carmen Álvarez e Ángel Carracedo, recoñecidos nos Premios Nacionais de Investigación

Dos dez galardóns que concedeu o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, dous recaeron este ano en recoñecido persoal investigador da USC