O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) continúa coa recollida de mostras para a súa investigación sobre biopsia líquida financiado con fondos da campaña de micromecenado realizada en 2017.
Ao estudo súmanse agora o Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, o Lucus Augusti de Lugo, o Universitario da Coruña e Povisa de Vigo. O obxectivo é o de validar distintas técnicas de análises de biopsia líquida.
Estes catro hospitais incorpóranse ao proceso de recollida de mostras de sangue de pacientes con melanoma que iniciaba o grupo no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) a finais do pasado ano.
Oncomet confía en que en breve se incorporen outros hospitais galegos. Os oncólogos dos distintos centros hospitalarios serán os encargados de ofrecer nas súas consultas a aqueles pacientes con determinados tumores a posibilidade de participar no proxecto de investigación sobre biopsia líquida que lidera Oncomet.
En caso de aceptar, a proba vai limitarse a tomarlle mostras de sangue para a súa análise no laboratorio. Dependendo do tumor a cada paciente tomaráselle unha só mostra ou varias ao longo do tratamento.
[box size=”large”]A campaña de doazóns foi un éxito con medio millón de euros recadados[/box]
Os principais tumores nos que se traballará serán de colon, pulmón, páncreas, cabeza e melanoma.
O obxectivo da biopsia líquida será poder facer un diagnóstico de cancro utilizando mostras de sangue. Ademais de Oncomet, outros equipos en todo o mundo perseguen este mesmo obxectivo, que contribuiría a unha diagnose temperá dos tumores, facilitando o seu tratamento.
Oncomet salienta que a participación dos pacientes neste estudo “non vai supoñer ningún cambio o tratamento da súa enfermidade nin ningún beneficio a maiores de contribuír ao avance no coñecemento”.
En total, grazas ao éxito da campaña de doazóns, poderanse estudar máis preto de 500 mostras que se irán recrutando ao longo dos próximos meses. A previsión é que nun prazo de dous anos obtéñanse os primeiros resultados do proxecto e que os primeiros resultados en clínica póidanse ver nun prazo aproximado de catro ou cinco anos.