O Clínico de Santiago, nunha rede europea para desenvolver fármacos infantís

O servizo de Pedriatría da área sanitaria de Santiago, no que se integran profesionais da saúde do Sergas e membros do Instituto de Investigacións Sanitarias (IDIS), formarán parte do consorcio europeo de investigación c4c. Este proxecto público-privado que reúne compañías farmacéuticas, redes nacionais pediátricas, asociacións de pacientes, hospitais infantís e outras organizacións de toda a Unión, traballará no desenvolvemento de fármacos de especial interese nos máis cativos.

Grazas á participación neste proxecto, cunha duración de seis anos e un orzamento global de preto de 140 millóns de euros, os investigadores galegos poderán traballar de forma conxunta a nivel internacional con algúns dos hospitais e centros de investigación máis prestixiosos do continente. Segundo datos da Axencia Europea do Medicamento, soamente o 30% dos medicamentos comercializados en Europa inclúen autorización pediátrica e menos do 50% dos fármacos autorizados en nenos foron adecuadamente testados na poboación infantil. Isto é debido en gran medida á elevada complexidade e aos requisitos de excelencia que son necesarios para facer os devanditos estudos.

Publicidade

Só o 30% dos medicamentos comercializados en Europa inclúen autorización pediátrica

Para dar resposta a esta necesidade en España naceu Reclip (Rede Española de Ensaios Clínicos Pediátricos) unha rede profesionalizada, súper-especializada e multidisciplinar que cobre o espectro completo das especialidades pediátricas existentes. Reclip está liderada polo servizo de Pediatría de Santiago e o seu coordinador é Federico Martinón, xefe do devandito servizo no CHUS.

O obxectivo principal de Reclip é reducir o tempo necesario para o acceso a medicamentos innovadores por parte da poboación pediátrica, minimizando a incerteza e o risco dos ensaios clínicos e garantindo a seguridade e eficacia do proceso.  Os membros da rede contan cunha traxectoria investigadora de excelencia xa que participaron en máis de 1.100 ensaios clínicos, con máis de 8.000 pacientes pediátricos. Contan con máis de 1.600 estudos e máis de 2.500 proxectos de investigación.

 Federico Martinón destaca, sobre o novo proxecto europeo, “a importancia de que Sergas e Reclip participen nesta iniciativa xunto cos principais actores involucrados na investigación clínica pediátrica en toda Europa”. O doutor Martinón, en representación co Sergas, co-liderará un dos paquetes de traballo do proxecto e participará como membro do Comité Directivo do Consorcio.

Publicidade

Ademais, o investigador galego actuará como o principal vínculo entre a rede europea e a española “asegurando a cooperación e estandarización dos procedementos, co obxectivo de liderar un cambio na forma en que os medicamentos dos nenos se desenvolven”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto