A sanidade en España xa non está nas 10 mellores do mundo: cae ao posto 19

A calidade da sanidade en España desplomouse nos últimos anos. E o dato provén da revista médica máis importante do mundo: The Lancet. De estar sempre entre os 10 primeiros cae ao posto 19, que reflicte a forte caída que sufriu a atención sanitaria española en tan só un ano.

The Lancet faise eco dunha investigación que mide a calidade do sistema sanitario de 195 estados do mundo mediante a comparación de datos de 32 causas de morte curables cunha atención médica axeitada, como a tuberculose ou o tétanos, para adxudicar unha puntuación de 0 a 100.

Publicidade

As cifras de 2016 sitúan a España, cos seus 92 puntos, no posto número 19 o que supón un descenso de dez posicións respecto da estatística de 2015. As nacións que encabezan a táboa son Islandia, Noruega e Holanda, mentres que á cola quedan a República Centroafricana, Somalia e Guinea- Bissau. Na clasificación, España atópase por diante de Francia e Grecia. Do outro lado, Andorra, Italia e Irlanda superan á sanidade española.

The lancet 7

A rechamante diferenza pode ter a súa explicación en que, neste novo traballo, The Lancet toma máis variables para establecer a puntuación.

Publicidade

No caso de España, a peor puntuación obtena o parámetro que mide a atención ao cancro de pel, cun 57; seguido de cancro de cérvix, cun 60, e testicular, cun 79 sobre 100. Pola contra, enfermidades como o tétanos, a diabetes, a apendicitis ou as hernias son resoltas dentro do SNS da mellor forma posible, pois se valoran cos cen puntos posibles.

gr3a

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis de 50.000 galegos participaron nun ensaio para avaliar a vacina contra o virus sincitial

Sanidade analizará os datos achegados durante a campaña Sincigal para medir a súa efectividade na redución de hospitaliacións

Os casos de mpox en Galicia aumentan ata as 12 infeccións

Os afectados son homes cunha idade de entre 35 e 65 anos, coa maioría dos contaxios na provincia da Coruña

As claves do novo gromo de mpox detectado en Galicia: “Todos nos podemos infectar”

O virus transmítese principalmente por contacto estreito entre peles ou mucosas, sobre todo de carácter sexual, e causa lesións na pel

A OMS alerta de que España xa non é un país libre de sarampelo

En 2024 confirmáronse 227 casos e en 2025 a cifra aumentou a 397, cunha alta porxentaxe de persoas non vacinadas e casos importados