Venres 29 Marzo 2024

Dous mozos ourensáns participarán na final internacional dos ‘Nobel da Auga’

Dous mozos ourensáns, Miguel Aragón e Miguel Sequeiros, competirán en agosto en Estocolmo na final internacional dos premios Stockholm Junior Water Prize (SJWP), considerados como os premios Nobel da auga. O certame, que recibe cada ano máis de 10.000 proxectos relacionados co auga e o medio ambiente, procedentes de 30 países, está impulsado en España por Viaqua, Fundación Aquae e a Escuela del Agua. Na final estatal tamén participaron alumnos do Colexio Plurilingüe Alborada de Vigo, grazas ao deseño dun invernadoiro cun autorrego de auga de mar.

Así, os estudantes ourensáns, alumnos de 1º de Bacharelato do colexio Maristas, viaxarán a Estocolmo para participar na final do galardón, que terá lugar na capital sueca entre o 26 e o 31 de agosto, coincidindo coa Semana Mundial da Auga. Alí, un xurado de expertos entrevistará aos finalistas de cada país e escollerá ao gañador, que recibirá 15.000 dólares, un diploma e unha escultura. Os premios serán entregados pola princesa Victoria de Suecia, patrona do galardón.

Publicidade

Os estudantes ourensáns, durante a exposición do seu proxecto. Foto: Viaqua.
Os estudantes ourensáns, durante a exposición do seu proxecto. Foto: Viaqua.

O traballo baséabase nun novidoso sistema que empregaba o verme do mel (Galleria mellonella) para degradar o polietileno presente nas toalliñas hixiénicas, que moitas veces provocan problemas nas depuradoras. Para afondar na súa investigación, os estudantes visitaron as instalacións de Viaqua no Couto, na capital ourensá, onde comprobaron de preto como as toalliñas afectan á rede de saneamento da cidade. Despois desta visita, a empresa tamén apoiou aos rapaces a través de varias reunións antes da presentación do proxecto na final estatal.

Aragón e Sequeiros presentaron en Madrid o seu proxecto, acompañados pola súa titora no colexio, Lydia Castro. Para levar adiante o traballo, os alumnos dos Maristas baseáronse en investigacións das universidades de Cantabria e Cambridge, nas que se demostraba o verme do mel podía degradar o polietileno. Mediante as súas pescudas, os mozos ourensáns deron un paso máis adiante ao demostrar que o verme tamén e capaz de descompoñer os compostos derivados do polietileno presentes nas toalliñas hixiénicas, sen xerar produtos contaminantes nin afectar ao ciclo vital do verme.

As toalliñas xeran perdas millonarias debido a que taponan as depuradoras de auga

A titora engade que as toalliñas “non suporían maior problema se houbera un xeito ecolóxico de degradalas. Actualmente, a mellor alternativa é a súa reciclaxe en plantas especializadas; pero lamentablemente, recíclanse moi poucos, polo que unha porcentaxe altísima destes plásticos acaba contaminando océanos e ríos“.

As toalliñas hixiénicas, un produto moi usado na actualidade, non son biodegradables. Así, a súa porcentaxe de desintegración na auga non chega ao 40%, fronte ao 95% do papel hixiénico. Debido a isto, prodúcense perdas millonarias (estímase que arredor de 1.000 millóns de euros ao ano só na Unión Europea) polos tapóns que ocasionan nas tubaxes. Estes produtos poden chegar a inutilizar temporalmente as depuradoras de augas nas cidades. O propio Senado instou ao Goberno español a comezos de maio a adoptar medidas para previr estes problemas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

De beber? Auga, pero que sexa reciclada, por favor

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de Quizais aínda non o saiba pero, do mesmo...

Unha nova metodoloxía de alta resolución cuantifica os micro e nanoplásticos na auga

A técnica identifica partículas plásticas extremadamente pequenas e os aditivos químicos que se liberan dentro das botellas

A Limia asfíxiase coa instalación de 42 pozos para regadíos: “Non hai auga, os ríos están secos”

Tres sociedades científicas presentaron alegacións contra o proxecto por poñer en risco a biodiversidade e o patrimonio natural

Como levamos o cumprimento do ODS6: Auga Limpa e Saneamento?

Os períodos de seca máis prolongados debido ao cambio climático aumentaron as dificultades para acceder á auga nalgúns países