Denuncian que o plan reitor das Illas Atlánticas “pon en risco” os valores naturais do Parque

A SGO denuncia que os datos que recolle o plan sobre o corvo mariño cristado, un dos emblemas do Parque, están
A SGO denuncia que os datos que recolle o plan sobre o corvo mariño cristado, un dos emblemas do Parque, están "obsoletos". Imaxe: Antonio Sandoval.

O Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o documento que 16 anos despois da creación do parque viría a regular as actividades e a conservación do espazo, “presenta importantes eivas” e “pon en risco” os valores naturais do mesmo. Así o denuncia a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), que acaba de presentar alegacións ao borrador deste plan, agora mesmo en proceso de información pública por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

“O plan presenta datos con 13 anos de antigüidade” na análise da situación do corvo mariño cristado

Sinalan desde a SGO que estas eivas son palpables “á hora de avaliar o estado de conservación da especie emblemática do Parque, o corvo mariño cristado“. No referente a esta ave, “o plan presenta datos con 13 anos de antigüidade. Isto é especialmente grave por canto desta maneira non se ten en conta o grave descenso poboacional desta especie nas Illas Atlánticas, que acada o 55% na última década e implica a consideración de ‘en perigo de extinción’ no ámbito do Parque Nacional”.

Na mesma liña, a SGO destaca que “o coñecemento sobre o delicado estado de conservación desta especie procede de estudos financiados cos orzamentos públicos do Parque Nacional e a Xunta de Galicia”, que “son ignorados á hora de elaborar o plan reitor e aplicar as correspondentes medidas de xestión”.

Sostén a entidade que o borrador do documento “renuncia a avaliar e propoñer medidas para reducir un dos principais impactos existentes actualmente no Parque Nacional: a saturación de artes de enmalle” nas súas augas, “que probablemente está a provocar unha elevada mortandade desta especie protexida pola lexislación autonómica.

“Vocación eminentemente turística”

Alén disto, a entidade critica tamén a “vocación eminentemente turística” do espazo, que xa provocou protestas nos últimos anos debido á elevada presenza de persoas no Parque, sobre todo no verán. Dise que o plan obvia “os seus principais obxectivos de conservación, incluso poñéndoos en risco”. Sinalan que é “especialmente preocupante a desprotección de áreas de elevadísimo interese ambiental” en Ons e Sálvora, consideradas desde a declaración do Parque Nacional como zonas de reserva, e co novo documento “pasan a ter consideración de Zonas de Uso Restrinxido, o que implica unha menor protección e apertura ao seu uso público e turístico”.

Deste xeito, di a SGO, “a desprotección destas zonas non resposta a ningunha demanda social, pon en grave risco algúns dos principais valores naturais das Illas (hábitats e zonas de nidificación de especies ameazadas) e provoca que a inclusión destas Illas no Parque Nacional careza de sentido, posto que non garante a súa conservación nin permite cumprir os obxectivos deste tipo de espazos, os máis relevantes en termos de conservación da biodiversidade a nivel estatal”.

Por todo isto, a entidade reclama á Xunta “un compromiso real” co parque e “a súa inmensa riqueza natural, patrimonio de toda a cidadanía”, para favorecer “a elaboración de calidade, rigoroso e efectivo de cara a garantir a súa conservación, obxectivo fundamental dun Parque Nacional e ao que debe estar supeditado calquera outro tipo de interese sectorial ou particular”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.