Sábado 20 Abril 2024

Comproba neste mapa os niveis de radon no teu concello

A actualización do Mapa do Radon de Galicia ofrece unha visión moito máis detallada da presenza deste gas, relacionado co cancro de pulmón

O Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela acolleu este martes a presentación da nova versión do Mapa de Radon de Galicia, no que xa se recollen máis de 4.300 medicións con datos dos 313 concellos galegos. Unhas cifras que converten a Galicia na comunidade autónoma con maior cantidade de rexistros e, ademais, realiza por primeira vez análises nunha escala máis baixa cá do municipio: a das seccións censuais, o que permite establecer diferenzas entre as áreas de maiores niveis de radon dentro dun mesmo concello.

A nivel municipal, a maior cantidade de mostraxes sobre a concentración deste gas permite afinar os datos. Así, os concellos considerados como áreas de alto risco son 170, na súa maior parte nas provincias de Ourense e Pontevedra, aínda que tamén hai comarcas con concentracións altas no sur da Coruña e Lugo. A partir dos datos ofrecidos polo Laboratorio de Radon de Galicia, aquí podes comprobar os niveis de radon do teu concello.

Publicidade

Mapa municipal dos niveis de radon

O mapa clasifíca os concellos en tres grupos segundo os niveis de radon rexistrados nos inmobles medidos. Seguindo pautas internacionais, as áreas distribúense en función da porcentaxe de casas con máis de 300 becquerelios por metro cúbico (bq/m3), que marca a Directiva Europea. Así, estas áreas (neste caso, concellos), considéranse de risco baixo se hai menos do 5% de inmobles por riba de 300 bq/m3; risco medio entre o 5 e o 10%; e de alto risco se superan o 10% de domicilios con máis deses niveis de radon.

Catro das sete cidades sitúanse como zonas de alto risco

As sete principais cidades son as que acumulan máis número de medicións. Son, neste orde, Vigo (409), Santiago (284), A Coruña (175), Ourense (144), Pontevedra (88) e Ferrol (71). Catro delas, como se pode ver baixo estas liñas, sitúanse como áreas de alto risco segundo os criterios establecidos.

Neste sentido, as achegas a nivel censual, dispoñibles para numerosas zonas de Galicia, ofrecen un maior detalle, discriminando entre zonas de maior e menor risco dentro de cada municipio, como se pode comprobar aquí:

Por que hai altos niveis de radon en Galicia?

Unha importante parte dos solos sobre os que se asenta o territorio galego está composta por granito. A través dun proceso natural, o uranio, tamén presente nesta rocha, descomponse e dá lugar ao radon, un gas radioactivo que é incoloro, inodoro e insípido. Desde o subsolo, este gas ascende á superficie e acábase diluíndo na atmosfera, sen maior incidencia. Porén, cando este gas se filtra desde o chan dos edificios e se acumula en espazos cerrados, pode acumularese en niveis de risco para a saúde.

A través do noso sistema respiratorio, o radon accede aos pulmóns. Alí descomponse e produce partículas alfa que se fixan ao tecido pulmonar e poden causar mutacións. No peor dos casos, desenvólvense tumores e, finalmente, cancro. Así e como a inhalación deste gas se converteu na segunda causa de morte por cancro de pulmón, só por debaixo do tabaco. Entre os non fumadores, é o principal factor de risco.

3 COMENTÁRIOS

  1. Moi bo artigo e moi interesante!
    Ainda estamos pendentes da aprobación definitiva do novo Código Técnico de la Edificación por parte do Ministerio (o borrador xa saiu a principios do ano pasado) que obrigue a tomar medidas en Vivendas novas e en rehabilitacións. Non obstante, faise preciso tomar medidas para minimizar a influencia deste gas mortal.

    Por se fose do voso interese, teño un Artigo no meu Blog no que falo promenorizadamente sobre o Gas Radón e cómo se chega a converter no “inimigo invisible” que entra nas vivendas galegas: https://controlygestiondeobras.es/gas-radon/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204