O vídeo da lura xigante captada en acción

Gravan por segunda vez vivo na historia un exemplar de Architeuthis, de máis de tres metros de longo

Son uns segundiños, pero teñen gran valor científico. Biólogos mariños dunha misión da National Oceanic and Atmospheric Administration (NOAA) dos Estados Unidos lograron filmar unha lura xigante no Golfo de México, o pasado 19 de xuño. Trátase dun raro encontro próximo cun animal difícil de atopar e que na imaxinación e na literatura é un dos considerados monstros das profundidades mariñas. Este exemplar, o segundo captado vivo na historia, foi gravado a 759 metros de profundidade.

“Cando Nathan Robinson, un dos científicos da expedición viu por primeira vez que un tentáculo se elevaba da pantalla da súa computadora, quedou abraiado”, escribiron na páxina da NOAA.

Publicidade

“Hai algo nestes animais que capta a imaxinación de todos: a marabilla de que haxa estes enormes animais no noso planeta, e dos que sabemos tan pouco, porque só os captamos en cámara un par de veces”, engadiron.

A lura xigante, habitualmente fuxidío ante calquera clase de encontro, aproximouse cauteloso a unha cámara subacuática. Os científicos estiman que este espécime ten unha envergadura de máis de 3,7 metros de longo.

Pola súa banda, o zoologo Michael Vecchione experto en polbos e luras confirmou que case seguro era unha lura do xénero Architeuthis.

A lura xigante só foi captada viva en dúas ocasións no mundo. A anterior foi en Xapón. En Galicia, atopoue no 2017 en San Cibrao un exemplar morto. E no ano 2016 foi atopada outra no porto de Bares.

Aparece en San Cibrao unha lura xigante

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, presente no primeiro borrador do xenoma do ‘kraken’

A investigadora da Universidade de Vigo Sara Rocha asina un traballo nunha colaboración de máis de 40 científicos de todo o mundo

Descobren unha nova especie de serpe nas tripas doutra serpe

Científicos atopan en Chiapas (México) un exemplar descoñecido ao estudar o ventre doutra serpe atopada hai 40 anos

Atopan restos do asteroide que acabou cos dinosauros

Un equipo internacional descubre nunha illa en Colombia os refugallos de tectita da colosal colisión de hai 66 millóns de anos

A necropsia da lura xigante de Bares apunta a un combate mortal

A análise realizada por investigadores do IIM de Vigo amosa marcas de ventosas doutro exemplar e feridas que lle acabaron causando a morte