Xoves 5 Decembro 2024

Descobren unha nova especie de serpe nas tripas doutra serpe

Un equipo de científicos acaba de describir nun artigo publicado no Journal of Herpetology unha nova especie de serpe nas montañas de Chiapas, en México. O máis peculiar do achado é a forma na que se produciu. Durante 40 anos, un exemplar de serpe de coral centroamericana (Micrurus nigrocinctus) estivo desecado para un posible futuro estudo. E cando por fin se acometeu a investigación, os herpetólogos atoparon unha boa sorpresa no seu interior: unha especie descoñecida.

O achado que acaba de publicarse describe un novo xénero e especie da familia dos colúbridos. Os restos da ‘parente’ que devorou en 1976 a serpe de coral ten caracteres que non se asemellan a ningunha outra. “Ten subcaudais non divididas ao longo de toda a cola e un hemipene sinxelo, completamente cuberto de cálices, e cun surco espermático que permanece non dividido ata o ápice do órgano”, explica o artigo. Son caracteres ata agora nunca vistos en colúbridos do hemisferio occidental.

Publicidade

Nun primeiro exame morfolóxico, os investigadores vincúlana á subfamilia dos Dipsadinae, entre os xéneros de Adelphicos, Atractus, Geophis e Chapinophis. Debido ao peculiar do achado, os herpetólogos nomeárona como Cenaspis aenigma (algo así como a misteriosa serpe da cea).

Así é a serpe

Reconstrución da nova especie. Fonte: Journal of Herpetology.

A Cenaspis aenigma non é moi grande (25,8 centímetros) e destaca tamén pola forma alongada do cranio e as escamas relativamente planas. Crese, por tanto, que é unha serpe que pasa gran parte do tempo baixo terra, escavando galerías.

Publicidade

Porén, hai outros aspectos que quedarán por resolver, posiblemente, ata que atopen un exemplar vivo. “A cor dorsal que ten, un marron pálido uniforme, adoita aparecer nas especies que viven en tobos; porén, os ventrais están marcados con tres series de marcas escuras rectangulares e triangulares que forman tres faixas para a lonxitude do corpo, e os subcaudais están marcados cun só medioventral”. É estraño, porque ese patrón non aparece en ningunha outra serpe de Centroamérica.

Ademais, aínda que o hábitat podería suxerir unha dieta a base de corpos blandos, como lesmas e lombrigas de terra, a boca e os dentes son máis semellantes ás serpes que comen insectos, cempés ou artrópodos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Citan por primeira vez en Galicia unha serpe propia do noreste da península ibérica

A revista "Braña" publica a observación dun exemplar da serpe de escolapio "Zamenis longissimus" en Nogueira de Ramuín, á beira do Sil

Extraen dunha serpe en catividade unha toalla de praia

Unha clínica australiana difunde un peculiar caso despois de que a dona do réptil a vira tragando a toalla

O vídeo da lura xigante captada en acción

Gravan por segunda vez vivo na historia un exemplar de Architeuthis, de máis de tres metros de longo

Atopan restos do asteroide que acabou cos dinosauros

Un equipo internacional descubre nunha illa en Colombia os refugallos de tectita da colosal colisión de hai 66 millóns de anos