Venres 6 Decembro 2024

Citan por primeira vez en Galicia unha serpe propia do noreste da península ibérica

A revista "Braña" publica a observación dun exemplar da serpe de escolapio "Zamenis longissimus" en Nogueira de Ramuín, á beira do Sil

A revista científica Braña, da Sociedade Galega de Historia Natural, publicou este domingo a que é a primeira cita en Galicia da Zamenis longissimus, coñecida como serpe ou cobra de esculapio, un colúbrido presente na meirande parte de Europa e en Asia. Porén, na península ibérica a súa distribución cínguese ao noreste. A cita foi realizada por Jesús María Fariñas Álvarez no termo municipal de Nogueira de Ramuín, preto da beira do río Sil, nunha zona con cultivos de Castanea sativa naturalizados.

Tal e como se explica na nota, a observación realizada en Galicia “amplía a distribución da especie case 100km cara ao oeste”, xa que a cita máis occidental realizada ata o momento na península ibérica estaba nun “núcleo illado” na comarca da Cabrera Baja (León). E á súa vez, este núcleo dista 170 quilómetros da poboación máis próxima, nos Picos de Europa. Porén, a súa presenza máis abundante está nos Pireneos.

Publicidade

A serpe de esculapio

Segundo a Enciclopedia Virtual dos Vertebrados Españois, a cobra debe o seu nome a Asclepio, deus grego, (chamado Esculapio polos romanos), que inspirou o símbolo na medicina da serpe que rodea un bastón. O seu ‘apelido’ longissimus’ explícase polo seu tamaño, xa que pode superar o metro e medio de lonxitude. A cor dorsal adoita ser marrón ou parda nos adultos, e grisácea ou verdosa nos xuvenís. Ten unha cabeza estreita e alongada. Adoita alimentarse de pequenos mamíferos, como as toupas e ratos, e tamén dalgunhas pequenas aves.


Referencias (PDF):

Publicidade

Primeira cita de Zamenis longissimus (Laurenti, 1768)(Colubridae, Squamata) en Galicia. (Braña).

Culebra de Esculapio – Zamenis longissimus (Laurenti, 1768). Repositorio dixital do CSIC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Adega demanda a paralización dun parque eólico por danos a un glaciar rochoso único

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia denuncia o impacto que o proxecto Ruña II, que está a desenvolverse en Mazaricos, tería nun elemento xeolóxico singular dentro da comunidade

Prevención de incendios forestais: algún país está a facelo ben?

As queimas prescritas, segundo a experiencia de países como Australia, permiten diminuír a intensidade dos lumes

Unha defensa da nosa contorna: así é o traballo campión galego de vídeo submarino

Xaime Beiro e Lara González gañan por terceira vez consecutiva o campionato cunha peza que amosa a biodiversidade das nosas costas

O mapa da masa forestal mundial: Galicia perdeu o 34% de cobertura arbórea dende o ano 2000

A aplicación Global Forest Watch retrata en tempo real como están mudando as paisaxes naturais en todo o mundo