Atención ao paso da Estación Espacial sobre Galicia (coa Crew Dragon)

O xigante orbital pasará ás 23.13 horas, levando consigo a nova nave que despegou o sábado dende Cabo Cañaveral nunha misión histórica da NASA

A Estación Espacial Internacional (ISS) será esta noite o espectáculo astronómico no ceo de Galicia, se a nubosidade o permite. O paso do xigante espacial está previsto para as 23.13 horas, na que poderá ser observada a simple vista como un brillante punto luminoso que corusca a gran velocidade dende o Oeste cara ao Leste.

Como particularidade, a ISS levará acoplada a cápsula Crew Dragon, que foi lanzada o pasado sábado dende Cabo Cañaveral para levar a dous astronautas ao espazo, nunha misión histórica que devolve á NASA a capacidade de ter un vehículo espacial propio, despois de nove anos dependendo da tecnoloxía rusa e das súas naves e lanzadores Soyuz. Pero a Crew Dragon non será dende logo observable a simple vista.

Publicidade

A Crew Dragon lista para acoplarse á Estación Espacial.

O maior laboratorio orbital construido polo ser humano aparecerá como un pequeno punto branco que se move polo ceo a grande velocidade, xa que esta nave orbita arredor da Terra a uns 400 quilómetros de altura, a unha velocidade de 28.000 quilómetros por hora (preto de 8 km/s).

A Estación Espacial está a cruzar o ceo continuamente, ás veces gravando o territorio de Galicia.  Tamén tomando retratos do país dende a órbita da Terra. Pero  non sempre é visible, xa que iso depende de diversos factores, entre eles a nubosidade. Tamén depende da latitude na que orbite en cada xornada.

Publicidade

Para observala en boas condicións, cómpre afastarse da contaminación lumínica das cidades e situarse en lugares elevados onde haxa un bo campo de visión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía