Da ciencia dos bicos ao deseño dun urinario sen salpicaduras: os premiados dos cómicos Ig Nobel

Da leite de cascuda a como se asoa correctamente o nariz, pasando por un método para enterrar a roupa interior e avaliar a saúde dos solos

A ciencia tamén pode ser divertida, e iso é o que se vén a demostrar a 36ᵃ Cerimonia Anual dos Premios Ig Nobel, onde se recoñecen investigacións reais cun toque humorístico. O acto celebrouse o xoves 3 de setembro en Zúrich, e premiou estudos arredor de 10 categorías diferentes e nunca fixas: este ano foi o turno da Biomecánica, Economía, Química, Medicina, Bioloxía, Física, Tecnoloxía, Olfacto, Paz e Ciencia do Solo. Ao contrario da edición anterior, España non está representada entre os galardoados. Estes foron os premiados.

Unha definición para o bico

Os gañadores do Ig Nobel de Biomecánica idearon unha definición máis precisa do acto de bicar en formigas, paxaros, osos polares e humanos. Un estudo previo establecía unha definición antropocéntrica, a pesar de que tamén hai contacto boca a boca en todo o reino animal; é o caso dos cans cando lamben os beizos dos seus donos. Así, decidiron establecer a seguinte definición: “Interaccións non agonistas que involucran contacto directo, intraespecífico, oral-oral con algo de movemento dos beizos/bocas e sen transferencia de alimentos”. A conclusión principal é que hai que adaptar os bicos á evolución: a maioría dos simios grandes involúcranse nalgunha forma de beixo e os neandertais tamén levaban a cabo este acto tan íntimo. Con todo, por que e como evolucionou o bico será o centro de futuras investigacións. 

Publicidade

A clase alta é menos ética?

Cinco investigadores gañaron na categoría de Economía por acumular probas de que as persoas de clase alta teñen máis posibilidades de arrebatar doces de nenos e participar noutros tipos de comportamento pouco ético. Para comprobalo, os autores avaliaron se os conductores de clase alta —segundo o seu tipo de coche— tiñan máis ou menos probabilidades de curtar o paso doutros vehículos ou dos peatóns, e examinaron se os suxeitos eran quen de roubar caramelos envoltos destinados a nenos noutro laboratorio. Os participantes de clase alta demostraron ser máis propensos e dispostos a participar en actividades pouco éticas e, en máis casos, vían a codicia como un atributo positivo. 

O leite de cascuda, máis enerxético ca o de vaca

O premiado na categoría de Química foi un estudo que descubriu que as proteínas do leite das cascudas vivíparas (Diploptera punctata) transmitía tres veces máis enerxía que as proteínas do leite das vacas. A diferenza da gran maioría dos insectos, os bebés desta especie medran dentro da nai nun saco de cría; isto fai que se desenvolvan moito máis rápido. Cando dispoñen de aparato dixestivo, a nai segrega un líquido —coñecido como “leite”— e as crías aliméntanse del. Dentro do estómago do embrión, ese leite solidifícase formando pequenos cristais de proteína. 

Publicidade

O que achou este grupo de investigación é que, ao analizar estes cristais con raios X de alta precisión, un só cristal deste leite ten máis do triplo de enerxía que a mesma cantidade de leite de vaca. Esta concentración de nutrientes permite que teñan unha fonte de enerxía completa e continua, o que lles converte en seres eficientes para sobrevivir. 

Así se asoa o nariz

O Ig Nobel de Medicina 2026 premiou ao difunto Tokuji Unno polo seu estudo Como asoar o nariz: un estudo aerodinámico de asoar o nariz. Baséase nas diferenzas culturais entre europeos e xaponeses fronte a esta acción cotiá. Así, buscaba cuantificar os aspectos clave da práctica como guía para quen non entende como fungar o nariz. Unno empregou neumotacómetros —instrumentos para medir o fluxo de volume de gases respirados— para determinar a velocidade, volume e escala de tempo de soplar a través de cada lado do nariz durante 60 ensaios. Tamén monitorizou os cambios de presión na canle auditiva.

Por tanto, canto máis rápido sexa o “pulo respiratorio” do golpe, máis eficientemente pódese expulsar calquera moco, sen supoñer un alto risco de infección de oído. Así, recoméndase un golpe nasal grande e longo para previr enfermidades do tracto respiratorio superior e inferior.

Factores da picadura dunha serpe

O Ig Nobel de Bioloxía 2026 galardoou a un grupo de investigación por pisar suavemente varias partes do corpo de serpes velenosas a distintas temperaturas e horas do día para identificar que factores e interaccións inducen ou evitan a picadura destes réptiles en humanos. Deste xeito, organizaron enfrontamentos en laboratorio con 75 exemplares da víbora Bothrops jararaca, avaliando tamaño, sexo, temperatura corporal e ambiental, momento do día e tipo de contacto físico, pisándolles a cabeza, o medio do corpo ou a cola con botas de seguridade. 

Determinouse que estas víboras teñen máis posibilidades de atacar se se lles pisa a cabeza, durante o día e con temperaturas cálidas. Os exemplares máis novos e as femias son máis propensas ao ataque, así como os machos de menor tamaño, o que coincide cos datos epidemiolóxicos.

É posible un urinario sen salpicaduras?

O Ig Nobel de Física premiou a Randy Hurd, Zhao Pan, Tadd Truscott e Kaveeshan Thurairajah polos seus intentos teóricos e experimentais de deseñar un urinario libre de salpicaduras, a fin de atopar a zeometría óptica para mellorar a hixiene dos baños públicos. O equipo modelou informaticamente o comportamento do líquido tomando como referencia a postura dos cans ao ouriñar e experimentou con prototipos mediante fluxos simulados. Analizaron o ángulo crítico de impacto para acadar un fluxo suave, logrando estender o ángulo ideal a usuarios de diferentes alturas. Por tanto, canto menor sexa o ángulo de impacto —30 graos é o valor óptimo—, máis suavemente fluirán os ouriños sen salpicaduras. A partir deste principio crearon o deseño “Nautilus”, con forma de cuncha curva, que reduciu as salpicaduras a cero. 

O mosquito na necrobótica

O Ig Nobel de Tecnoloxía premiou un estudo pioneiro sobre o uso de probóscides de mosquitos como boquillas de impresión 3D de alta resolución, nun proceso denominado “Necroprinting”. O estudo buscaba substituír as custosas boquillas metálicas tradicionais por alternativas orgánicas máis asequibles para a fabricación de precisión no eido da necrobótica —creación de robots a partir de cadáveres de animais—. Así, examinaron diversas estruturas biolóxicas para transportar fluídos, como os aguillóns ou colmillos, e probóscides en moscas tsé-tsé, chinches e pulgóns. Finalmente, seleccionaron o mosquito femia polas súas propiedades óptimas: estrutura recta, moi delgada e robusta, ideal para manter un fluxo continuo sen obstrucións. 

Mediante a necroimpresora 3D, acadouse unha resolución de entre 18 e 22 micras —a metade do tamaño das puntas metálicas comerciais máis pequenas—, o que abre a porta á  impresión económica de andamios para células vivas ou compoñentes microelectrónicas. 

Bebés si, adolescentes non

Os premiados do Ig Nobel da categoría “Olfacto” de 2026 recompilaron probas de que os bebés ulen de marabilla para os seus pais, pero os adolescentes non. Querían comprobar como varía a percepción olor corporal dos fillos ao longo do tempo. Para iso, analizaron os cuestionarios de 235 pais sobre o grao de agrado cara ao olor dos seus fillos nas distintas etapas da infancia e adolescencia, comparándoo tamén co olor de nenos alleos e parellas. A diminución do estímulo, moi forte nos bebés para activar os centros de recompensa do cerebro e reforzar o apego, reflicte unha menor necesidade biolóxica de vinculación a medida que os fillos gañan independencia. 

Os inimigos dos amigos son inimigos? Isto di a ciencia

O Ig Nobel da Paz 2026 premia un estudo que documenta por que valoramos que os nosos amigos sexan crueis coas persoas que non nos gustan. Para comprobalo, os investigadores realizaron seis estudos con máis de 1.000 participantes de Estados Unidos e India avaliando as súas preferencias sobre como debían actuar os seus amigos cara a eles mesmos, cara a estraños e cara aos seus inimigos. Conclúen que, aínda que prefirimos amigos amables e de confianza connosco e cos demais, esa preferencia cambia ante un inimigo. As persoas valoran que os seus amigos sexan máis crueis e hostis cara a quen non lles cae ben, sen que iso implique que quieran que sexan persoas despiadadas en xeral. 

O método tras enterrar a roupa interior

O Ig Nobel da categoría “Ciencia do Solo” premiou a Franz Bender e o seu equipo por enterrar 1.000 pares de calzóns de algodón en máis de 25 países e desenterralos dous meses despois para avaliar a saúde do solo e a súa taxa de descomposición como método alternativo de ciencia cidadá. Os participantes recibiron kits con dous pares de calzóns de algodón e bolsas de té para enterrar nos seus terreos. Os voluntarios desenterraron as mostras aos 30 e 60 días para medir o nivel de degradación. Determinouse que os xardíns privados presentan unha maior taxa de descomposición e os céspedes a menor, demostrando que este “índice de calzóns” é igual de eficaz e revelador que os métodos convencionais para medir a saúde do chan.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

3 COMENTÁRIOS

  1. Toda a razom
    Bem falado Emilio. Sempre os mesmos erros x falta de revisom na totalidade do artigo. Da primeira à última palavra.

    • Toda a razom
      Bem falado Emilio. Sempre os mesmos erros x falta de revisom na totalidade do artigo. Da primeira à última palavra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Si, aos lagartos gústalles a pizza: esta é a ciencia máis divertida premiada nos Ig Nobel

De vacas raiadas a lagartixas 'gourmet', pasando por uñas, zapatos e a receita cientificamente perfecta de salsa de pasta

Investigadores galegos gañan o Nobel satírico por un estudo sobre o sexo das anchoas

A investigación liderada por Beatriz Mouriño, do CIM-UVigo, recibe o IG Nobel por “facer rir e despois pensar”

Que bacterias hai na miña goma de mascar?

Un equipo español acaba de gañar un premio Ig Nobel, que recoñecen investigacións curiosas e graciosas, por analizar a microbiota presente nestes produtos

Citan por primeira vez en Galicia unha serpe propia do noreste da península ibérica

A revista "Braña" publica a observación dun exemplar da serpe de escolapio "Zamenis longissimus" en Nogueira de Ramuín, á beira do Sil