Un exemplar de lura xigante foi descuberto onte na praia de O Torno, en San Cibrao. O animal, duns 100 quilos de peso, morrera recentemente e foi recollido pola Coordinadora para o Estudo e Protección das Especies Mariñas (Cepesma), con sede en Luarca.