Unha aplicación móbil galega para fichar no traballo

Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE), no último trimestre do ano 2018 houbo un total de 6.435 horas extraordinarias realizadas na semana polo conxunto de traballadores asalariados. Como medida para regular as horas extra, o 12 de maio deste mesmo ano entraba en vigor o rexistro obrigatorio diario da xornada laboral, que debe incluír a súa hora concreta de inicio e fin.

A execución deste trámite pode ser un crebacabezas para as empresas e empleados: follas de Excel, papeis impresos que cubrir cada día e que ás veces esquécense, máquinas que crean colas molestas… E ante este panorama xorden alternativas innovadoras vinculadas ás novas tecnoloxías, que buscan facilitar o cumprimento da nova normativa.

Publicidade

O smartphone como ferramenta

A empresa tecnolóxica Primux, do Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense), lanzou ao mercado unha aplicación móbil que permite aos empregados fichar co seu dispositivo. Toni Alvar, o responsable de I+D+i, explica que levaban xa anos traballando neste proxecto, e a aprobación da normativa foi o escenario ideal para a súa saída.

O uso do smartphone está estendido practicamente por toda a poboación; a aplicación foi deseñada en base ao estudo da utilización que se fai destes dispositivos. A través dun deseño sinxelo e intuitivo, Primux propón esta opción de fichar a través do smartphone como a máis facilmente integrable na rutina dos empregados e na operativa das empresas.

Publicidade

Como funciona a aplicación?

O sistema de fichaxe está formado por tres aplicacións relacionadas entre si. Unha parte é a que se encarga do aspecto administrativo, como a xestión das vacacións; outra actúa como centralita, de xeito que permite fichar de forma manual; e por último está a aplicación móbil para os empregados.

O funcionamiento da aplicación.
O funcionamiento da aplicación.

A diferencia da app de Primux respecto a outras alterativas do mercado é que funciona só de xeito presencial; o empregado debe estar polo menos a 5 metros do seu sitio de traballo para poder fichar, de maneira que se garante a súa presenza no lugar. Ademais, dispón dunha plataforma que permite ao administrador, de xeito sinxelo, filtrar os datos por empregado, exportar informes e editar fichaxes, entre outras funcionalidades.

Quen a pode utilizar?

Aínda que é adaptable a calquera modelo de negocio, esta aplicación está especialmente pensada, explica Alvar, para pequenas e medianas empresas: “O uso é moi sinxelo e custa menos de 20€; tanto a creación de usuarios como a xestión son gratuitas, polo que está ao alcance de calquera.”

O sistema custa menos de 20€; a creación de usuarios e a xestión do mesmo é gratuito

Esta fórmula evita as aglomeracións e a memorización ou extravío de códigos de rexistro dos empregados.”Hai pequenos comercios que necesitan unha aplicación de fichaxe sinxela, sen recurrir á típica folla de Excel”, explica Alvar: “Nós fabricamos tecnoloxía móbil para intentar axudar á xente“.

A app xa está dispoñible para Android e iOS en Google Play e na Apple Store, así como na páxina web de Primux.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A volta das lapas

As consecuencias dos incendios do verán de 2025 e o primeiro gran lume de 2026. Por Andrea Veiga

A falta de retención dos solos tras os incendios de 2025 agravou as riadas de Ourense

O edafólogo Agustín Merino vincula as escorreduras do 17 de xuño coa escasa revexetación durante o inverno e a ausencia de actuacións de restauración

Cámaras térmicas rexistran 40 graos nun patio escolar de Ourense

A organización Greenpeace mediu as temperaturas de escolas de cinco cidades españolas e determinou que as aulas dun colexio ourensán ten mínimas de 27 graos

▪️ As consecuencias das chuvias torrenciais sobre Ourense

MeteoGalicia rexistra 5.990 raios nas últimas 24 horas e un máximo de vento de 71,6 km/h en Viana do Bolo, un dos concellos máis afectados