A carga glicémica dos alimentos predí como varía o azucre en sangue tras as comidas

Un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiado (IDIS) analizou a resposta glicémica en 514 adultos

Un equipo multidisciplinario formado por médicos de atención primaria e do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, pertencentes ao grupo Metodoloxía da Investigación do Intituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), xunto con bioestatísticos das universidades de Santiago e Harvard, publicaron na revista JAMA Network Open un estudo pioneiro que confirma a importancia da carga glicémica dos alimentos sobre os niveis de glicemia, mesmo en persoas que non son portadoras de diabetes.

O estudo analizou a resposta glicémica tras as comidas de 514 adultos da poboación xeral da Estrada (Pontevedra).

Publicidade

Durante sete días, os participantes foron monitorizados con sensores de glicosa mentres rexistraban con detalle a súa dieta habitual. En total recompiláronse máis de 1,3 millóns de medicións de glicosa, o que converte este estudo nun dos máis amplos realizados ata agora en poboación sen diabetes mediante monitorización continua de glicosa.

A carga glicémica como preditor

“A carga glicémica, que combina o índice glicémico dos alimentos coa cantidade de hidratos de carbono que achegan, considerábase un bo preditor en condicións experimentais“, sinala Mar Calvo, especialista en Análises Clínicas no Hospital Clínico Universitario de Santiago e primeira autora do estudo.

Publicidade

Porén, a súa capacidade para anticipar a resposta glicémica na vida real non era clara, o que explica que a súa integración desigual nas guías dietéticas a nivel internacional.

“Mentres algúns países esixen incluír o índice glicémico na etiquetaxe de alimentos, outros non. A OMS, pola súa banda, dálle prioridade a indicadores como a fibra e os cereais integrais para avaliar a calidade dos carbohidratos”, explica a investigadora.

Estratexias de prevención e recomendacións dietéticas personalizables

O horario das comidas demostrou ser un factor modulador da resposta glicémica, confirmando a influencia dos ritmos circadianos no metabolismo. A idade amplifica este efecto, con incrementos máis acusados a medida que avanza, mentres que o índice de masa corporal tamén influíu, aínda que en menor medida. Pola súa parte, os homes presentaron niveis de glicosa máis baixos que as mulleres tras as comidas principais.

“A través desta investigación, confírmase que a carga glicémica é un preditor válido da resposta glicémica en condicións de vida cotiá, máis aló das contornas de laboratorio”, sinalan os investigadores do IDIS e coordinadores principais do proxecto, Mar Calvo e Francisco Gude.

Así, estes achados abren a porta a estratexias de prevención e recomendacións dietéticas personalizadas, que teñan en conta non só a cantidade e tipo de carbohidratos, senón tamén o momento do día en que se consomen e as características de cada persoa.

Liderado galego en investigación

Esta investigación, coordinada polo IDIS, é froito do traballo de fin de grao do investigador predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Alfonso Nahúm Benítez Calvo, e do grupo de Metodoloxía da Investigación. O estudo desenvolveuse no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a través dun equipo multidisciplinar de especialistas médicos de atención primaria en colaboración con matemáticos.


Referencia: Age, Sex, BMI, Meal Timing and Real-World Glycemic Responses to Meal Glycemic Loade (Publicado en Jama Network Open)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego mellora a detección da deterioración cognitiva mediante análise de sangue 

Unha investigación do IDIS estuda novos biomarcadores para avanzar cara a unha detección máis temperá e un seguimento personalizado

Unha terapia probada en Santiago frea ata nove meses a progresión do cancro colorrectal metastásico

O estudo liderado polo IDIS, galardoado nos Premios DISCOVERGI, consegue resultados de supervivencia moi favorables en un de cada cinco pacientes

O proxecto Sensoxenoma evidencia que a música deixa pegadas medibles nos xenes e proteínas

A investigación da USC e do IDIS cumpre cinco anos con máis de 20.000 mostras e detecta respostas biolóxicas tras a exposición sonora, tamén en persoas con TEA

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais