Xoves 25 Abril 2024

Máis de 70 concellos galegos, con casos de coronavirus

Se coñeces información oficial ou máis datos contrastables ao respecto, podes contactar con GCiencia

(en actualización. 11.00h) – Desde que hai só tres semanas, o 3 de marzo de 2020, se confirmara o primeiro caso de coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia, a pandemia está a causar un dos meirandes impactos sociais das últimas décadas. Mentres que naquelas datas case todo o mundo seguía coa súa vida normal, boa parte da poboación está hoxe confinada nos seus domicilios, alomenos ata o 11 de abril, máis de 1.500 persoas están afectadas pola doenza Covid-19 en Galicia e máis de 2.700 faleceron en toda España, que é o cuarto país do mundo con máis casos só por detrás de China, Italia e os Estados Unidos.

Porén, a doenza está a ser tamén o marco no que se desenvolven multitude de rumores e informacións falsas que atinxen ata o nivel máis local. Nas cidades, vilas e aldeas comezan a discorrer boatos sobre supostos contaxios, rodeados dun morbo que ás veces leva a tratar como “apestados” ao núcleo próximo das persoas afectadas. Do mesmo xeito, a forma de distribuír os datos por parte das autoridades, que en Galicia informan por cada unha das sete áreas sanitarias, levan a transmitir unha sensación de “falsa seguridade” respecto á doenza, sobre todo en zonas rurais, ao enfocar a situación nas cidades que levan o nome das áreas.

Publicidade

Pero onde se confirmaron ata o momento os casos de coronavirus en Galicia? A parte dos datos de Sanidade, non se coñece con maior detalle e de forma centralizada a presenza do virus en Galicia, alén do que veñen publicando as institucións locais e os medios rexionais.

No mapa baixo estas liñas achégase a información confirmada e contrastada por diversas fontes (medios de comunicación, autoridades sanitarias e municipais) sobre a presenza da doenza nos municipios galegos. Na hora de publicar esta información, á noite do martes 24, son xa máis de 70 os concellos nos que existen casos confirmados. É posible, por tanto, que existan casos en máis municipios, aínda que non trascenderan por diversos motivos.

(Preme sobre cada un dos concellos para ver máis detalles).

Se coñeces información oficial ou datos contrastables ao respecto, podes contactar con GCiencia a través de Facebook, nos comentarios desta nova ou ben no enderezo redaccion@gciencia.com.


Probas nos hospitais comarcais

Este luns, o Sergas anunciou que os hospitais comarcais da Barbanza, Burela, Monforte e
Valdeorras dispoñerán nos vindeiros días do sistema para realizar as probas do coronavirus aos pacientes desde os seus propios vehículos. O procedemento, que xa funciona nas sete cidades, estenderase así a once municipios. Segundo os datos que achega o Sergas, realizáronse 955 probas ata o luns 23 mediante este sistema. A Consellería de Sanidade engade que, “en función da demanda”, podería ampliarse o servizo aos hospitais de Verín e O Salnés.

Este sistema só se lle realizará ás persoas que teñan prescripción facultativa e cita previa. O
facultativo ten que prescribir a realización deste test no marco dos criterios establecidos nos
protocolos e quedará rexistrada na historia clínica electrónica do paciente. Con esta medida
trátase de complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio, que ven
incrementando a súa demanda nos últimos días.


Máis información:

Máis de 100 traballadores sanitarios deron positivo por Covid-19 en Galicia

España supera os 500 mortos nun día polo coronavirus e chega a 2.696

7 COMENTÁRIOS

  1. No Concello de Vilamarín hai dende fai bastante tempo polo menos ún caso que eu coñeza, e do que a administración tén coñecemento dende fai moito tempo.

    Saudos e moita saude

    • No concello de Muxía non hai 2 casos, como informa La Voz de Galicia. Xa se confirmaron alomenos outros dous, de persoas que viaxaron a Benidorm a unha excursión do Inserso e volveron todos xuntos en autobús…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses