Mapa de positivos por coronavirus por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

España supera os 500 mortos nun día polo coronavirus e chega a 2.696

Os datos do Ministerio de Sanidade amosan que 3.800 persoas recibiron o alta e máis de 2.600 están na UCI

514 falecidos en España en só 24 horas amosan que a gráfica da pandemia do coronavirus segue a repuntar á espera de que alcance o pico. Os datos achegados polo Ministerio de Sanidade hoxe martes amosan que 3.800 persoas recibiron o alta e máis de 2.600 están na UCI.

Tamén medra o número de contaxios detectados polas probas realizadas, con máis de 39.763 rexistrados en todos o estado. En tan só 24 horas a cifra de positivos polo SARS-Cov-2 en España incrementouse en 6.000 persoas.

Último gráfico do coronavirus por CCAA do Ministerio de Sanidade.

Ademais, a OMS alertou hoxe de que a pandemia “está a acelerarse” e pediu que se cumpran as medidas sanitarias para reverter esa tendencia. En Europa, o Reino Unido finalmente impuxo un confinamento de tres semanas mentres Italia, con 6.077 falecidos e 64.000 contaxiados, viu reducirse a cifra de mortos nas últimas 24 horas por segunda xornada consecutiva.

A cidade chinesa de Wuhan, foco da pandemia, levantará as restricións aos desprazamentos o 8 de abril, cando superaría os dous meses e medio de confinamento, segundo anunciaron este martes.

Hai casos de coronavirus no teu concello? Estes son os confirmados

No mundo hai máis de 381.000 contaxiados, morreron máis de 16.500 persoas e recuperáronse máis de 101.000, segundo o balance da Universidade Johns Hopkins.

Aquí podes consultar os datos actualizados do Ministerio de Sanidade

Por comunidades autónomas, os datos de falecidos ofrecidos hoxe polo Ministerio de Sanidade son os seguintes:

– Madrid: 10.575 (1.263 falecidos)

– Cataluña: 7.864 (339 falecidos)

– País Vasco: 2.421 (120 falecidos)

– Castela-A Mancha: 2.078 (145 falecidos)

– Castela e León: 2.055 (124 falecidos)

– Andalucía: 1.961 (59 falecidos)

– Comunidade Valenciana: 1.901 (94 falecidos)

– Galicia: 1.208 (19 falecidos)

– Navarra: 886 (24 falecidos)

– A Rioxa: 747 (22 falecidos)

– Asturias: 662 (22 falecidos)

– Aragón: 638 (32 falecidos)

– Canarias: 481 (11 falecidos)

– Estremadura: 493 (18 falecidos)

– Baleares: 400 (10 falecidos)

– Murcia: 385 (3 falecidos)

– Cantabria: 347 (6 falecidos)

– Melilla: 28 (0 falecidos)

– Ceuta: 6 (0 falecidos)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.