A pesar da redución da taxa de tabaquismo, o consumo de cigarros continúa sendo unha das principais causas de mortalidade evitable en todo o mundo. Un estudo, publicado esta semana en Nicotine and Tobacco Research, demostra que as diferenzas socioeconómicas poderían influír sobre o grao de adicción e a probabilidade de deixalo. Esta investigación expón que as persoas con baixos recursos son máis propensas a fumar cigarros, teñen niveis máis altos de adicción e resúltalles máis complicado deixalo.
Segundo di a autora principal do proxecto e investigadora na Universidade de Oxford, Annika Theodoulou, os seus achados mostran que o grao de tabaquismo adoita ser máis elevado entre as persoas máis desfavorecidas, un patrón que describe como algo “constante” independentemente do tipo de desvantaxe socioeconómica. “Por iso, os esforzos continuos para aumentar o acceso e a aceptación dos servizos para deixar este hábito entre as persoas con menos ingresos son pasos fundamentais para abordar as desigualdades en materia de saúde”, engade.
Este traballo foi liderado pola Universidade de Oxford, o University College de Londres, a Universidade de Massachusetts de Estados Unidos e contou co apoio parcial do Instituto Nacional de Investigación en Saúde e Atención Médica de Reino Unido.
Os investigadores empregaron datos do Estudo sobre Tabaquismo —STS en inglés— para examinar os vínculos entre os hábitos tabáquicos e os diferentes tipos de problemas económicos, medidos pola ocupación, a situación laboral, o tipo de vivenda, o nivel educativo e os ingresos familiares. Tamén, interesáronse pola prevalencia do tabaquismo nos participantes, o seu grao de adicción e o número de veces que tentaron deixar de fumar durante o último ano.
Fúmase máis se hai máis problemas
Durante o seu proxecto descubriron que dos 195.543 adultos enquisados, as diferenzas no consumo de tabaco persistiron en múltiples formas e tipos de desvantaxes socioeconómicas.
As ganas de fumar eran máis fortes naqueles que experimentaban un maior grao de desvantaxe, cando se medía polo nivel social ocupacional e o educativo e os ingresos familiares, o que mostrou niveis maiores de adicción ao tabaco.
Así mesmo, as persoas con ocupacións de menos status, ingresos familiares máis baixos e cun nivel educativo menor foron menos propensas a deixar de fumar en comparación cos grupos con máis recursos.
Entre os participantes que tentaron deixar de fumar, quen residía en vivendas de alugueiro tiñan menos probabilidades de logralo en comparación cos que eran propietarios das súas vivendas.
Máis tabaquismo, máis enfermidades
É máis, os cigarros electrónicos eran comúns entre as persoas que querían deixar de consumir tabaco. Os investigadores observaron diferenzas no uso destes dispositivos segundo os diferentes tipos de desvantaxes sociais, pero non chegaron a ningunha conclusión porque a diferenza era variable.
Os datos oficiais en Inglaterra suxiren que o 11,9% dos adultos fuma tabaco, mentres que as estatísticas estadounidenses expoñen que o 11,6% da súa poboación tamén o fai. O estudo resalta que unha maior prevalencia do tabaquismo na sociedade conduce a máis enfermidades, discapacidades e mortes prematuras.
Referencia: Smoking and Quitting Behaviors by Different Indicators of Socioeconomic Position in England: A Population Study, 2014 to 2023 (Publicado en Nicotine and Tobacco Research)















Kaixo, Buenos días, Bon día, Bos días, Egun on. Sois a los primeros que informo la Promesa que hice a Santiago, cuándo recorrí GALIZA. El Camino del Norte a su paso por Castro Urdiales Cantabria será posiblemente un hecho, porque éste lunes me llamarán para presentar mí proyecto y sin ánimo de lucro y beneficiará sólo a L@s Peregrin@s y l@s Ciudadan@s del PROPIO camino hasta Santiago. Esperemos que ASÍ sea. Un abrazo