A Xunta inviste 100 millóns de euros en terapias CAR-T para tratar o mieloma múltiple

O cancro que se produce na médula ósea é a segunda neoplasia hematolóxica máis habitual en Galicia

A Xunta autorizou esta mañá a tramitación dun acordo marco para a subministración sucesiva, por un valor estimado de preto de 100 millóns de euros, dos medicamentos CAR-T indicados para tratar o mieloma múltiple, Abecma e Carvykti, con destino aos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde. Ademais, a Xunta iniciou tamén os trámites da contratación de novas terapias avanzadas.

Estes medicamentos CAR-T teñen como obxectivo principal frear a progresión do mieloma múltiple, reducir os síntomas asociados e, con isto, mellorar a supervivencia dos pacientes. A estimación é poder tratar máis de 250 pacientes. O mieloma múltiple é unha enfermidade que se orixina na medula ósea, concretamente nas células plasmáticas, que forman parte do sistema inmunolóxico ou de defensa do organismo e son as encargadas de fabricar as inmunoglobulinas.

Publicidade

O transplante autólogo de proxenitores hematopoéticos, é dicir, o transplante das propias células nai do paciente demostrou prolongar a supervivencia nos casos de novo diagnóstico nos pacientes que poden recibilo. En caso de recaída, empréganse varias liñas de tratamento con distintas combinacións de medicamentos antitumorais, entre os que se atopan os CAR-T, para pacientes adultos que son obxecto desta licitación.

Un tratamento do que se beneficiaron 138 persoas

O mieloma múltiple é a segunda neoplasia hematolóxica máis frecuente, cunha incidencia anual en 2020 en España, de 5,3-6,9 novos casos por 100.000 habitantes. A súa prevalencia total é de 8,9 en homes e de 7,4 en mulleres por cada 100.000 habitantes.

Publicidade

O acordo marco autorizado hoxe polo Consello da Xunta terá unha duración inicial de dous anos e poderá ser prorrogado por dous anos máis. O orzamento estimado achégase aos preto de 100 millóns de euros para os catro anos máximos de vixencia que prevé o contrato, incluída a posible prórroga. O investimento con terapias CAR-T era ata o de agora de 20 millóns de euros. Grazas a isto, 138 persoas puideron ser tratadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla