As mulleres da resistencia antifranquista: a historia que as aulas galegas deben rescatar

A cooperativa Mazarelos publica unha unidade didáctica que explora os procesos de represión e as experiencias das protagonistas a partir da documentación histórica

Pensas que coñeces a historia? A cooperativa Mazarelos presenta As mulleres na resistencia antifranquista en Galicia, unha unidade didáctica que propón incorporar ás aulas o estudo da represión a través das experiencias das mulleres que participaron ou colaboraron coa resistencia. A guía aborda as tarefas que asumiron, as condicións nas que actuaron, o papel das redes comunitarias que sostiveron a loita e a forma en que estas traxectorias aparecen recollidas —ou permanecen ausentes— na documentación de época.

O recurso propón converter as clases nun laboratorio de investigación histórica. O alumnado traballa en grupos con fontes documentais, seguindo o rastro destas mulleres nos arquivos dispoñibles e identificando os procesos polos que a súa participación foi, en moitos casos, relegada ou invisibilizada. Este enfoque permite comprender como se construíu o relato histórico sobre elas e cales son as limitacións á hora de rescatar as súas experiencias.

Publicidade

O proxecto foi elaborado por Mazarelos Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil e financiado polo Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática ao abeiro da convocatoria de 2024 para actividades relacionadas coa recuperación da Memoria Democrática.

323 mulleres vítimas de procesos militares

O proxecto Nomes e voces, liderado por Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago e líder de Histagra, permite coñecer o número de vítimas de procesos militares en Galicia. A cifra total ascende a 8.767 persoas, das que 323 foron mulleres. O sobresemento foi o proceso no que se arquivou a causa de máis mulleres. Outras medidas foron a condena a prisión, absolución, cadea perpetua, en rebeldía, e a pena de morte executada, que afectou directamente a 8 mulleres. Entre 1936 e 1939, 80 mulleres faleceron como consecuencia da represión.

Publicidade

Durante a Guerra Civil, a proporción de mulleres procesadas ou imputadas en Galicia por resistencia antifranquista diminuíu ao longo do tempo: en 1937 representaban o 39,1%, en 1938 caeron ao 17,8% e en 1939 ao 10,4%. Posteriormente, entre 1940 e 1955, 522 mulleres foron encartadas en causas militares ou xudiciais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla