Plan científico para o verán: rutas xeolóxicas con Francisco Canosa

O xeólogo, un dos impulsores do proxecto do xeoparque de Cabo Ortegal, organiza actividades en diversos puntos de Galicia

Francisco Canosa, xeólogo e guía da xeoruta das praias negras de Cedeira, explicando a formación das rochas da zona.
Francisco Canosa, xeólogo e guía da xeoruta das praias negras de Cedeira, explicando a formación das rochas da zona.

O doutor en Xeoloxía Francisco Canosa, un dos principais impulsores do proxecto de Xeoparque de Ortegal, mantén durante todo o ano un amplo programa de rutas xeolóxicas por Galicia que no verán intensifícase en diversas partes do país. Nestes días estase pechando o programa, que xa se pode consultar no seu portal Rutas Xeolóxicas de Galicia.

Ruta nas praias negras de Ortegal: un paseo de millóns de anos

O programa inclúe rutas a zonas nas que Canosa xa ten organizado visitas guiadas, como O Courel, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Valdoviño, Moeche ou Burela, e nas que participan centos de persoas todos os anos. Do mesmo xeito, inclúense este ano varias novidades, entre as que destacan as xeorrutas no Pindo, Nigrán ou O Vicedo.

Aquí podes consultar as datas, características e inscrición de cada unha delas:

O Courel: 22 e 23 de xuño (ligazón aquí).

Cedeira: tres rutas cada semana en xullo, agosto e setembro. Haberá cinco modalidades: ruta dos cantís, do cromo, do granate, litoral e das praias negras. A inscrición aínda está sen abrir (información aquí).

Burela: durante xullo, agosto e setembro, haberá unha ou dúas rutas á semana. A novidade deste ano é unha ruta circular por todo o concello, que se suma ás do Perdouro, A Marosa e O Cantiño. A inscrición aínda está pechada (máis información).

Moeche: catro cada mes durante xullo e agosto, con visitas a Mina Piquito e Toelo (ligazón).

Novidades

Alén das anteriores xeorrutas, Canosa tamén incluirá este ano tres novos programas de visitas guiadas:

O Pindo-Lira: unha xeorruta en xullo e agosto para coñecer a historia xeolóxica do coñecido como Olimpo Celta. A información estará dispoñible en breve no blog.

Nigrán: ruta por Monteferro e Patos nos meses de xullo e agosto. A inscrición aínda non está aberta, pero a información xa se pode consultar nesta ligazón.

O Vicedo: en xullo e agosto ofrecerase a xeorruta do río Sor-Ponte Segade e a do Ollo de Sapo. Haberá información en breve no blog de Canosa.

Do mesmo xeito, aínda que non se estableceron datas por agora, tamén están programadas outras rutas xeolóxicas moi solicitadas como as do limo, en Cariño, a dos Volcáns, en Loiba-Ortigueira, e a do arsénico en Valdoviño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.