A Facultade de Óptica de Santiago de Compostela acolle desde este luns ata o mércores 19 o curso “Turismo científico: novos enfoques turísticos en cidades e espazos naturais”, co que se pretende achegar aos participantes a puxanza do sector. A actividade está cofinanciada por Observer e a Deputación da Coruña. Dirixirá o curso Salva Bará, físico e profesor da USC, e Maite Vence, directora de Observer, será a secretaria do mesmo.
A primeira xornada abriuse coa intervención de Maite Vence, que afondou na oportunidade que o turismo científico ofrece para abrir as cidades e os Espazos Naturais Protexidos a novas formas de coñecemento. Durante a mañá tamén interviron o director do Parque Nacional Illas Atlánticas, Xosé Antonio Fernández Bouzas, que expuxo o exemplo de xestión deste parque desde a perspectiva do sector. Pecharon a xornada de mañá Salva Bará, cunha ponencia sobre turismo astronómico en Galicia e contaminación lumínica, e Juan Ramón Vidal Romaní, profesor emérito da Universidade da Coruña, cunha exposición sobre a xeoloxía de Galicia como recurso turístico.
Na quenda da tarde do luns falan Xabier Vázquez Pumariño, biólogo e consultor medioambiental, sobre turismo ornitolóxico e bioturismo, situación e posibilidades; Marcos Vaqueiro, espeleólogo, presidente do Clube Cetra e auditor de Observer, sobre a espeleoloxía como deporte-ciencia, e Federico Abbondio, investigador en turismo científico, (CONICET-Arxentina) sobre o desenvolvemento dun modelo de turismo científico na Patagonia arxentina.
O programa de martes e mércores ser
18 de xuño
– 10:00-11:00: A Casa das Ciencias, un museo implicado na loita contra a contaminación lumínica. Marcos Pérez Maldonado, Director Museos Científicos da Coruña.
– 11:00-11:30: Museo Historial Natural da Universidade de Santiago. Marta Vázquez Rodríguez, Responsable de Comunicación do Museo de Historia Natural da USC.
– 11:30-12:00: O turismo científico dende a investigación: Miguel Pazos Otón, Profesor titula de Xeografía do Turismo, USC
12:00-12:30: Pausa-café.
– 12:30-14:00: Turismo Científico dende os medios de comunicación: Con Eduardo Rolland, xornalista e fundador do portal GCiencia, Andrea Obaid, xornalista científica e presentadora de Tecnociencia, programa de Turismo Científico da TV chilena.
– 16:00-20:30: Visitas a Museos Científicos.
19 de xuño
– 10.00-11.30: A fotografía científica, unha ferramenta para a divulgación. Fernando Rey, fotografo e divulgador científico.
– 11:30-12:30: O ultimo solpor da Costa da Morte como recurso de Turismo Científico. Jorge Mira, Catedrático de Electromagnetismo da USC.
– 12:30-13:30: Cine científico e mesa redonda. Óscar Sánchez (Martin Pawley), Divulgador científico e crítico de cine.
– 13:30-14:00: Sesión de Clausura.
Pode consultarse máis información sobre a matrícula e outros detalles na páxina da Universidade de Verán da USC.