Galicia e Portugal alíanse para impulsar unha asistencia sanitaria centrada no paciente

O proxecto NEW HEALTH promove unha rede transfronteiriza que integra innovación tecnolóxica, investigación avanzada e datos para mellorar a calidade asistencial

Impulsar un modelo sanitario máis eficiente e centrado no paciente, co reforzo da cooperación entre Galicia e o norte de Portugal en ámbitos clave como a medicina personalizada, a dixitalización da saúde e a integración de datos clínicos é o propósito do proxecto europeo de interese estratéxica NEW HEALTH, do que a Universidade de Santiago (USC) é socia.

O proxecto promove a creación dunha plataforma transfronteiriza de innovación en saúde que conecte hospitais, centros de investigación e universidades e facilite o desenvolvemento de solucións avanzadas que melloren a calidade asistencial e o acceso aos servizos sanitarios. Entre as súas principais áreas de actuación destacan a aplicación de tecnoloxías emerxentes como a intelixencia artificial, a investigación en oncoloxía e enfermidades cardiovasculares, así como o impulso de modelos de gobernanza colaborativa.

Publicidade

A iniciativa sitúa a Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal á vangarda da innovación sanitaria, impulsando unha nova xeración de atención baseada en intelixencia artificial, datos e medicina de precisión.

Toma de decisións informada

A reitora da USC, Rosa Crujeiras, compartiu unha reflexión sobre NEW HEALTH: “Datos tratados dun modo correcto, que sexan interoperables e que nos permitan obter información viable e veraz para unha toma de decisións informada no sistema sanitario, para facelo máis eficiente pero tamén a nivel das organizacións e da propia atención clínica”.

Publicidade

Cun orzamento de preto de 7 millóns de euros e o horizonte na fin de 2028, o proxecto está co financiado na súa maior parte polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Interreg VI-A España–Portugal (POCTEP) 2021-2027 dentro da sétima convocatoria que financia operacións de importancia estratéxica, definidas como proxectos de cooperación transfronteiriza que teñan un impacto significativo no territorio e xeren un valor sostible a longo prazo en áreas clave como innovación, cambio climático ou a saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona