Aviso amarelo por treboadas e pedrazo en Lugo e Ourense

O comezo de xuño chega cun cambio radical das temperaturas e con novas choivas para o tramo final da primavera

Aviso amarelo por fortes choivas e treboadas nas provincias de Lugo e Ourense para o serán tanto deste sábado coma do domingo. Uns fenómenos atmosféricos que virán acompañados de ocasionais precipitación de sarabia, con pezas de xeo que poden alcanzar os dous centímetros de diámetro.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou estes avisos amarelos, que estarán vixentes de 16.00 a 22.00 horas tanto da xornada do sábado como da do domingo.

Publicidade

Estas treboadas con aparición de xeo están provocadas por unha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, que provocará unha forte inestabilidade atmosférica, máis acusadas nas dúas provincias orientais de Galicia. Así, os ceos permanecerán con nubes e claros en xeral, tanto o sábado como o domingo, con formación de chuvascos pola tarde localmente tormentosos, máis probables e intensos no interior. Brétemas costeiras que se irán disipando co avance do día. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de dirección variable.

Para a vindeira semana, espérase un cambio notable na meteoroloxía. De xornadas propias do verán, con altas temperaturas, que bateron varias marcas en zonas como Pontevedra e o Barbanza, Galicia volverá a unha situación primaveral, por momentos máis propia do comezo da estación, con máximas que non subirán dos 18 graos e mínimas por baixo dos 14 mesmo nas zonas máis mornas do país.

Publicidade

Das noites tropicais, nas que o termómetro non baixou dos 20 graos en varios puntos de Galicia, pasaremos a temperaturas máis baixas e a un panorama xeral de precipitacións na vindeira semana.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura