Venres 19 Abril 2024

A vaga de calor provoca no Barbanza as temperaturas máis altas de España

A estacións da Aemet no monte Iroite e Boiro sitúanse entre os dous valores máis altos durante a xornada do mércores e o xoves

O monte Iroite é o cumio da serra do Barbanza, unha sucesión de montes que inflúen en boa medida nas condicións climáticas das rías de Muros e Noia e Arousa, situadas ao norte e sur da península. Con case 700 metros de altitude, nalgúns anos pode chegar a cubrirse de neve no inverno, e está detrás tamén dalgúns dos fenómenos que explican a alta pluviosidade en determinados puntos de Galicia, como o chamado ‘efecto rías’. O menos habitual é que nel se dean circunstancias como a que se produciu este xoves á mañá, durante o episodio de altas temperaturas que está a vivir Galicia: a estación que a Axencia Estatal de Meteoroloxía ten no cumio do monte, a 685 metros de altura, rexistrou ás 11 da mañá unha temperatura de 35,9ºC, a máis alta rexistrada ata o mediodía en todo o territorio estatal.

A excepcional temperatura no Iroite constátase tamén moi preto, en Boiro, onde a estación da Aemet rexistrou onte, mércores, a segunda temperatura máis alta de España (34,6ºC), só superada por unha décima pola que marcou o aeroporto de Córdoba.

Publicidade

Este xoves, ademais da máxima do Iroite, as temperaturas rexistradas en Ourense, Carballo, Silleda, Ferrol, Santiago de Compostela estaban entre as 10 máis altas de España nos datos recollidos ata as 14 horas. Con todo, os valores están pendentes de revisar e confirmar por parte da Aemet. É posible, segundo explican algúns expertos, que este ascenso de temperatura puntual se deba, no caso excepcional do Iroite, a un fenómeno de inversión nocturna que fixera ascender aire cálido cara ao cumio do monte.

No referente á rede de MeteoGalicia, os valores chegaron antes das 15 horas do xoves aos 33,7ºC en Ourense, Rus (Carballo) e Mabegondo (Abegondo), aos 33,6ºC en Leiro e aos 33,5ºC en Ferrol.

Noite tropical e posibles treboadas

Tamén foros salientables nas últimas horas os valores de noite tropical (cando as mínimas non caen dos 20ºC). Así, a rede de MeteoGalicia marcou 23,1ºC de mínima en Vigo, 22,3ºC en Fornelos de Montes e Lousame, 22,7ºC en Lira (Carnota) 22,1ºC en Oia. Só na Terra Chá e na Limia se baixou dos 10ºC. O calor dará paso esta tarde a treboadas no interior de Galicia que mesmo poderían deixar precipitacións en forma de saraiba, e a conseguinte baixada de temperaturas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha crista subtropical disparará as temperaturas en Galicia ata os 30 graos

A semana comeza con intensas precipitacións provocadas pola borrasca Pierrick pero un cinto de altas presións producirá un cambio radical de tempo a partir do mércores

Un tren de borrascas regará Galicia durante toda a semana

As precipitacións de principios de abril virán acompañadas dun importante ascenso térmico a partir do mércores