Aviso amarelo por altas temperaturas debido á chegada de aire africano

MeteoGalicia predí para este mércores temperaturas que poderían superar os 35ºC á beira do Miño nas provincias de Ourense e Pontevedra

Galicia vivirá este mércores o seu primeiro episodio de altas temperaturas deste ano, que xa fixo activar a MeteoGalicia o aviso amarelo por valores que poderían superar os 35ºC nas comarcas da ribeira do Miño en Ourense e Pontevedra. O motivo é a chegada dunha masa de aire africano que, xunto á situación anticiclónica na que se atopa a atmosfera, fará medrar as temperaturas a valores pouco habituais nesta época do ano.

A situación xa foi patente na xornada do luns, na que se superaron os 31ºC en Salceda de Caselas, Ponteareas ou Verín. Na mañá do martes, Pontevedra, Redondela, Ponteareas, Meaño ou Vigo xa estaban por riba dos 27ºC antes das 13 horas.

Publicidade

A vaga de calor tamén se deixará notar en Portugal. O Instituto Português do Mar e da Atmosfera (IPMA), activou tamén o aviso en todo o oeste do país, agás o Algarve, e tamén no arquipélago de Madeira, polos valores superiores aos 35ºC.

Pola súa parte, a Axencia Estatal de Meteoroloxía tamén avisou do episodio de calor en boa parte do oeste da península ibérica, con anomalías de temperatura ata 6ºC superiores á media da época do ano. A masa de aire africano, unida aos fortes refachos do vento do nordés e á baixa humidade, levou a incrementar o nivel de risco de incendios ata o extremo en Galicia.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro