Pontevedra rexistra a mínima histórica máis alta de maio noutra noite tropical en Galicia

Este xoves Galicia volveu rexistrar algunhas das temperaturas máis altas de Españaa debido á vaga de calor, provocada polo anticiclón e unha masa de aire africano. Así, MeteoGalicia mantén o aviso amarelo para a tarde do venres na ribeira do Miño por temperaturas que poderán superar de novo os 36ºC.

Así, na rede da Axencia Estatal de Meteoroloxía, seis das 10 máximas máis altas marcáronse en Galicia. Foron Ribadavia (37,1ºC), Monte Iroite (35,9ºC), Ourense (35,6º), Sobrado (34,7ºC), e As Pontes e Lugo (34,6ºC). MeteoGalicia deu conta tamén de 36,6ºC en Ourense ou 36,1ºC en Leiro, e tamén se superaron os 35ºC en Arnoia ou Ribas de Sil.

Publicidade

Alén disto, Pontevedra marcou un valor extremo histórico, no correspondente ao período 1981-2010. A estación da cidade marcou unha mínima de 19,5ºC, que é a máis alta da que existían rexistros no mes de maio neste período, igualando á acadada en maio de 2001. Este valor, próximo ao considerado como noite tropical (mínimas por riba de 20ºC), viuse superado, con todo, noutras zonas de Galicia na pasada noite, como Oia (22,2ºC), Vigo (22ºC), Fornelos de Montes (21,2ºC), Burela (20,6ºC) ou Cuntis (20,3ºC).

O sol e a calor manteranse durante os vindeiros días, aínda que durante o sábado haberá algunha inestabilidade atmosférica que fará baixar as temperaturas, sobre todo no noroeste de Galicia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro