A Academia de Ciencias convoca o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

A entidade dálle o nome da investigadora galega á quinta edición do certame, que recoñece os traballos de difusión da ciencia en Galicia

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, acaba de convocar a quinta edición do premio de Xornalismo Científico, que desde esta edición leva o nome de Celia Brañas, unha das pioneiras na incorporación da muller á investigación científica en Galicia, tal e como recolle a súa reseña biográfica no Álbum da Ciencia.

Á convocatoria poderán presentarse, a título individual ou en equipo, os profesionais que desenvolvan a súa actividade en medios de comunicación de Galicia ou en edicións galegas de medios estatais, e que publicaran traballos de de difusión de investigación científica publicado entre o o 1 xuño de 2019 e o 20 de maio de 2020. Estas pezas, que deben responder aos xéneros da noticia, a crónica ou a reportaxe (quedando excluídas as entrevistas e artigos) deberán ter como tema principal calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia: achádegos, difusión do labor de grupos ou centros de investigación, posibles aplicacións dos resultados da investigación, casos de éxito de transferencia de resultados ao mercado, etc.

Publicidade

O galardón recoñecerá con 3.000 euros o mellor traballo de difusión da investigación científica publicado entre o o 1 xuño de 2019 e o 20 de maio de 2020 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal): diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión. A maiores, concederase un accésit de 1.000 euros ao segundo traballo mellor valorado.

Os xornalistas poden presentar ao certame –a título individual ou en equipo– noticias, crónicas ou reportaxes que teñan como tema principal calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia: achádegos, difusión do labor de grupos ou centros de investigación, posibles aplicacións dos resultados da investigación, casos de éxito de transferencia de resultados ao mercado, etc.

Publicidade

O xurado estará presidido pola Secretaria da RAGC e contará con catro vogais, dous/dúas designados/as por GAIN e dous/dúas designados/as pola RAGC, entre os/as que haberá profesionais de recoñecido prestixio relacionados/as cos ámbitos da comunicación e da divulgación científica.

O proceso de presentación de candidaturas –aberto a partir de mañá– é telemático, a través dun formulario electrónico dispoñible na web da RAGC a partir do 30 de maio e ata o 15 de xuño. Unha vez descargado e cumprimentado, o formulario será enviado por correo electrónico a pxornal@ragc.gal, acompañado da documentación complementaria sinalada nel.


Máis información no portal da Real Academia Galega de Ciencias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O futuro dos medios galegos, a debate: máis de 300 estudantes participan en encontros con profesionais

GCiencia toma parte no acto organizado pola AMEGA, que se celebrou na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo

Un proxecto galego permitirá que os bancos actualicen a súa criptografía sen cambiar os sistemas de pago

Qryption é unha iniciativa do centro tecnolóxico Gradiant pola que poderán centralizarse os sistemas criptográficos financeiros nun só punto de xestión, co apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez