Xoves 25 Abril 2024

Os médicos de familia piden suspender o estudo epidemiolóxico do Sergas

É inútil, absurdo, sen validez científica e "semella unha operación propagandística", asegura a principal asociación de atención primaria

É inútil, absurdo, non ten validez científica e semella unha operación propagandística. Así califica a principal asociación de médicos de atención primaria de Galicia o estudo epidemiolóxico que fai a Xunta de Galicia, que nunha primeira fase fixo 51.000 tests de coronavirus e agora encara a súa segunda fase.

Os facultativos emitiron un comunicado no que consideran que este estudo non cumpre coas normas básicas de consentimento informado, nin de transparencia no seu deseño. “Se hai alguén na Consellería necesitado de agrandar ou seu currículo investigador, que ou faga co seu traballo”, apunta  Agamfec, que reúne a máis dun milleiro de médicos de atención primaria de Galicia.

Publicidade

O estudo complicou a actividade asistencial de miles de enfermeiras nos centros de saúde galegos, nun momento no que o importante é destinar os recursos para detectar abrochos de casos e a reforzar a atención á poboación de enfermos crónicos que durante o confinamento tiveron toda clase de complicacións e medo a acudir aos centros sanitarios, explica no seu comunicado a Agamfec. “É absurdo ter a milleiros de enfermeiras perdendo tres ou catro horas cada día en facer unhas probas que non valen para nada, que non teñen ningunha utilidade práctica, cando hai moito traballo por facer con esta pandemia”, manifestou Jesús Sueiro, portavoz de Agamfec.

Agamfec lamenta que tras ver os resultados da primeira onda, cuns datos de incidencia do virus entre os galegos mínima, de pouco máis do 1%, a Xunta siga coa teima de facer unha segunda fase con outros 51.000 galegos, que comezará xa a vindeira semana.

Agora que o número de casos segue en descenso, “que podemos atopar nunha nova cata? Que conclusións asistenciais e prácticas para a saúde da poboación agardan obter?”, lamentan os profesionais sanitarios.

Os médicos ven só unha actitude propagandística en continuar con este estudo que compromete, polo traballo que implica, a desexada reactivación asistencial na atención primaria. Así que solicitan que non se realice esta segunda onda.

De non ser así, os facultativos esperarán ao pronunciamento do comité ético antes de traballar nun proxecto tan discutible no seu obxectivo.

O estudo epidemiolóxico da Xunta xerou dúbidas desde o inicio. Os escasísimos positivos de coronavirus, ata en persoas que pasaran a enfermidade, sorprenderon aos médicos dos centros de saúde, e o certo é que as cifras finais confirmaron que a prevalencia do SARS-CoV-2 foi mínima entre a poboación galega.

3 COMENTÁRIOS

  1. Que está a pasar coa Atención Primaria ?

    Agora xa nin siquera se atende ao teléfono? E cando logras contactar a “teleconsulta” é para 15 días despois !

    As colas ás portas dos Centros de Saúde por nos falar das colas nos Centros de Urxencias (eso debe ser bo para previr o virus) ?

    Os colaboracionistas do SERGAS van lograr acabar coa Atención Primaria antes de que remate a Pandemia ?

    Supoñemos que o único que se busca con esta “política sanitaria” é que, os que teñan cartos, acudan á mediciña privada (que tamén ten listas de agarda aínda que polo menos te collen o teléfono!)

    Esta Dixitalización está feita co DEDO !

  2. Pois teránse que plantar e negarse a facer un estudo epidemióloxico sen interés algún…
    Aínda son SANITARIOS ou simples empregados do SERGAS ?
    Habería que ver se as Xefaturas de Servizo foron reemprazadas con Colaboracionistas SERGAS ou aínda quedan profesionais da Mediciña VIVOS ?

    Pero igualmente deberan rexeiar as TELECONSULTAS (se non poden perder o tempo en probas estatísticas ridículas, tampouco deberían pasar o tempo pintando as unllas *)

    Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk

    * Actividade detectada na consulta de Pediatría na Atención Primaria de Vigo esta semana !

  3. Efectivamente. Y peor aun. Después se mandan a especializada pacientes sin síntomas graves pero muy sugestivos de covid sin haber realizado las pruebas……y se mandan a un hospital que aún han tardado como 2 meses en sacar informes de cómo organizar las consultas y las medidas preventivas (y logicamente no implantadas). Con pacientes citados cada 10 minutos, sin limpieza de consultas entre pacientes, tratando de realizar teleconsultas en pacientes en los que una exploracion fisica es básica; derivando pacientes a operar a HM Hospitales con personal propio cuando hay medios sobrados en los establecimientos públicos (no vaya a ser que las corporaciones privadas de sus amigos este año no repartan buenos dividendos, lo cual no es criticable claro está, pero no a costa de lo público y con la connivencia de la Xunta)…….gran gestor el señor Feijoo y sus puestos de confianza cuyo principal merito es el de acatar todas sus órdenes….(cuando no el parentesco directo).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade intensifica a vixilancia da tosferina, con 241 casos no que vai de ano

A maior concentración de diagnósticos actuais dáse en idades escolares, sobre todo na franxa de 10-14 anos

O Sergas inicia un programa piloto de cribado de cancro de pulmón

A proba vai dirixida a persoas de alto risco de entre 55 e 74 anos que sexan grandes fumadoras ou deixaran o hábito hai menos de 10 anos

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias