A Deputación da Coruña crea unha táboa periódica para concienciar en igualdade

A campaña pon o foco no desexo mutuo e no consentimento, interpelando directamente ao posible agresor e nunhas festas libres de medo

Con motivo das festas de Nadal, a Deputación de A Coruña creou unha campaña que promove o dereito a gozar sen medo, libres de submisións químicas e outras violencias de xénero. Para iso déronlle un novo significado á táboa periódica dos elementos químicos reivindicando a única química posible nas relacións: a que está baseada na igualdade, o consentimento e a atracción mutua, e, en definitiva, o desexo por ambas partes. A campaña interpela directamente ao posible agresor baixo o lema: Se entre ti e eu non hai desexo mutuo, non hai química.

Interpelámolo directamente para que se dea conta de que tratar de mantener relacións sexuais cunha persoa que non está en posesión das súas plenas facultades polo abuso do alcohol e/ou doutras drogas ou ben administrar substancias químicas para anular a súa vontade é un delito denominado submisión química”, apuntan dende a institución provincial. Dende a área de Igualdade da Deputación consideran que nunha época coma o Nadal, chea de festas e saídas nocturnas, é máis importante ca nunca fomentar relacións en igualdade e ocupar os espazos de diversión dende unha óptica de seguridade e gozo para todas as persoas.

Publicidade

Infundir medo tamén é un tipo de violencia de xénero, por iso a campaña trata de concienciar dende a información e a educación“, explican dende a Deputación. Así é que a través das diferentes publicacións en redes sociais vaise dando a coñecer que é a submisión química pero tamén sobre que piares se debe construír unha relación en igualdade e sobre cales non é posible. A encargada de realizar a campaña foi a axencia creativa As Peaky Branders, coa colaboración de María Reimóndez. A dirección creativa da campaña tamén foi realizada por dúas mulleres: Iria Otero e Marián Rodríguez.

Mensaxes para sensibilizar

Entre os elementos que salientan desta particular táboa periódica está, por exemplo, o “Ds”, que se corresponde co “Desexo mutuo”. Tamén está o “Co”, de consentimento; ou o “Li”, de liberdade. Todas as mensaxes que acompañan os carteis insisten na importancia das relacións sas. “Nunha relación en igualdade existe bo trato, empatía, reciprocidade, recoñecemento e responsabilidade afectiva entre as partes”, recolle un dos pósteres. “Todas as persoas temos dereito a divertirnos sen medo a sermos violentadas ou agredidas”, apunta outro dos carteis da campaña.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade

Os chefs Iria Espinosa e Luís Veira representan ‘A paisaxe que sabe’ no Premio Cociñeiro/a Galego/a 2026

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destaca o "momento extraordinario" da cociña coruñesa polo seu produto, identidade e creatividade

A Coruña consolida o seu prestixio gastronómico na feira Salón Gourmets

A Deputación valora a súa participación no evento celebrado en Madrid cun balance "moi positivo" e a sensación de deixar a restauración coruñesa na mira internacional
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra