táboa periódica

A Deputación da Coruña crea unha táboa periódica para concienciar en igualdade

A campaña pon o foco no desexo mutuo e no consentimento, interpelando directamente ao posible agresor e nunhas festas libres de medo

Tomás Batuecas: o home que levou a Galicia ao cumio da Química Física

O científico estremeño, galego de adopción, entrou na historia ao participar na decisión de establecer a masa atómica do carbono como referencia

Un instituto de Melide crea unha táboa periódica interactiva en galego

O proxecto, impulsado por alumnos de Secundaria e FP, deseñou para cada elemento unha ficha coa súa historia, propiedades, obtención e aplicación

Esta é a nova proposta de distribución da táboa periódica

Dous matemáticos do Instituto Max Planck propoñen unha nova distribución alternativa dos elementos en función de diversas variables

Un traballo sobre o radon gaña o concurso “A táboa periódica e Galicia”

Máis de 300 escolares participaron na entrega de premios do certame, que tivo lugar na Facultade de Química da Universidade de Santiago

Un colexio de Narón gaña o premio “O meu elemento” da USC

O certame, convocado co gallo do 150º aniversario da táboa periódica, celebrou ese mércores a entrega de galardóns no campos de Lugo

A Universidade da Coruña presenta a súa táboa periódica xigante

A Facultade de Ciencias acolle unha representación de todos os elementos, cunha breve explicación dos seus usos e aplicacións

A táboa periódica ten deseños alternativos que xamais imaxinaches

Velaquí a disposición dos elementos químicos en tres dimensións ou formando as máis orixinais figuras creadas por científicos

Pilar Rodríguez Seoane, a pioneira da táboa periódica en galego

A profesora publicou no ano 1998 a táboa periódica en galego, que se incluíu nos libros de texto e no Anuario da Real Sociedade Española de Química

A primeira táboa periódica en galego non era a primeira

A profesora da UVigo Pilar Rodríguez publicou hai máis de 20 anos unha versión que xa fora difundida nos libros de texto

Un fito para a lingua: a táboa periódica en galego ao completo

O Consello da Cultura, as Academias da lingua e de ciencias, CienciaNosa e Política Lingüística impulsan a tradución completa no 150º aniversario da táboa

“Estamos na Idade das Terras Raras, como estivemos na do Bronce ou do Ferro”

O investigador do IIM-CSIC publica un libro de divulgación sobre os 17 elementos deste grupo, "vitais" para a revolución tecnolóxica que vive o planeta

Miguel Ángel Ríos: “Batuecas foi a maior autoridade sobre pesos atómicos”

O expresidente da Academia de Ciencias foi alumno do Científico Galego do Ano 2019 no curso 1959-60 nos seus estudos de Química en Santiago

Tomás Batuecas, Científico Galego do Ano 2019

A Real Academia Galega de Ciencias homenaxea ao primeiro catedrático de Química Física da USC no 150º aniversario da táboa periódica

“O meu elemento”: o concurso no que tes que participar sobre a táboa periódica

A Facultade de Ciencias de Lugo convoca un certame dirixido a estudantes do ensino medio e do sistema universitario galego

A USC comeza as actividades do Ano Internacional da Táboa Periódica

A Facultade de Química deseña unha programación para lembrar a grande obra colectiva da humanidade creada por Mendeléiev