Venres 11 Outubro 2024

Tomás Batuecas: o home que levou a Galicia ao cumio da Química Física

O científico estremeño, galego de adopción, entrou na historia ao participar na decisión de establecer a masa atómica do carbono como referencia

Moi preto de Aldeanueva del Camino, unha pequena vila do norte de Cáceres, xa lindeira con Salamanca, pasa hoxe a Vía da Prata do Camiño de Santiago, que percorren todos os anos miles de persoas para chegar a Compostela. Alí, en Aldeanueva, naceu en 1893 Tomás Batuecas Marugán, fillo do médico da vila, nunha familia numerosa na que el era o pequeno de once irmáns.

Á universidade salmantina, a máis antiga de España, marchou a estudar o mozo Batuecas, e con só 20 anos, en 1913, obtivo a licenciatura en Ciencias Químicas con premio extraordinario. De seguro que o fillo do médico de Aldeanueva xa apuntaba daquela o camiño que o había levar a ser, uns anos despois, un dos impulsores dunha escola en Santiago de Compostela da que hoxe, varias xeracións despois, aínda pode presumir a institución universitaria.

Publicidade

Tras licenciarse en Salamanca, Batuecas decidiu orientar o seu doutoramento ao tema que había de protagonizar toda a súa traxectoria científica. Así, centrou a súa tese na revisión do peso atómico do carbono. Para isto comezou a formarse no Laboratorio de Investigacións Físicas en Madrid, onde foi discípulo de Blas Cabrera.

Os primeiros pasos da súa formación

Un dos pasos clave na súa carreira foi a chegada á Universidade de Xenebra, en Suíza, grazas a unha bolsa de dous anos, entre 1916 e 1917, outorgada pola Xunta para Ampliación de Estudos, institución antecesora do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Alí coñeceu a través dun curso para a análise de gases ao doutor Enrique Moles, naquel momento profesor da Escola de Química de Xenebra, co que formou equipo durante moitos anos á súa volta a Madrid, xunto con outros recoñecidos investigadores como Julio Palacios.

Publicidade

En Suíza tamén aprendeu xunto a Phillipe A. Guye, que naquel momento desenvolvía un dos métodos de determinación físico-química de densidades gasosas máis moderno e exacto que existía para determinar os pesos atómicos. Xunto a Guye presentou unha comunicación na Sociedade Química Suíza en Zurich.

Xa de regreso á España, en 1917, presentou a tese, cuxo título xa avanzaba as súas arelas: Contribución á revisión do peso atómico do carbono. Determinación da densidade normal do gas etileno. Recibe, como na licenciatura, o premio extraordinario, e incorpórase de novo ao Laboratorio de Investigacións Físicas de Blas Cabrera.

Volvería máis tarde a Xenebra, xa como profesor da universidade, e dirixiría alí varias teses de doutoramento, traballo que compaxinaba coas súas investigacións en Madrid. Nos anos 20 continúa publicando importantes traballos sobre revisións de pesos atómicos. Antes de chegar a Santiago de Compostela, en 1931 foi nomeado profesor agregado do Instituto Nacional de Física e Química.

Batuecas, con compañeiros no laboratorio. Foto cedida pola RAGC.
Batuecas, con compañeiros no laboratorio. Foto cedida pola RAGC.

A chegada a Santiago de Compostela

En 1932 gañou por oposición a primeira cátedra de Química Física habilitada en España, a de Santiago de Compostela. Nun principio, debido á inexistencia de laboratorios especializados para as súas liñas de investigación, valorou a posibilidade de non incorporarse á institución compostelá. Pero finalmente a súa chegada supuxo o pulo necesario para a creación de novos laboratorios e liñas de investigación na USC, coas que a institución daría un importante salto adiante nesta disciplina.

En Santiago foi recibido como a figura de relevancia internacional que xa era. No discurso de inauguración do curso 32-33, o profesor Montequi dáballe a benvida como “un nome prestixiosísimo que se cotiza entre os máis destacados valores internacionais consagrados á medida de masas atómicas”. Ata a súa xubilación en 1963, Batuecas progresou alí nas súas investigacións neste campo e foi mestre de varias xeracións de discípulos que continuaron e ampliaron o prestixio da Escola de Química Física compostelá.

A decisión sobre o carbono

O peso atómico dos elementos químicos que compoñen a táboa periódica é unha propiedade física moi relevante que permite estudar o comportamento dos distintos tipos de materia e establecer relacións entre eles. Isto é fundamental para o seu coñecemento e o deseño de aplicacións na química, a física, a bioloxía, a ciencia aeroespacial, a xeoloxía, a medicina e todo tipo de industrias.

O enfoque científico sobre o peso atómico dos elementos foi evolucionando ao longo do tempo. Aínda que nun principio se considerou unha medida estable, desde principios do século XX asumiuse que o peso atómico dun mesmo elemento na natureza podía variar en función da orixe da mostra. Por exemplo, hoxe sábese que o boro, por exemplo, de Turquía ten un peso diferente que o de California. Pr isto era preciso determinar un isótopo que debía servir como medida a partir da cal establecer o peso atómico dos demais.

Durante moitos anos houbo grandes controversias sobre cal era o elemento cuxo peso debía usarse como valor de referencia idóneo para establecer os demais. Durante décadas, a discusión centrouse no osíxeno e o hidróxeno, así como no isótopo 16 do osíxeno.

E en 1961 chegaría o momento que faría pasar á historia o nome de Tomás Batuecas. Un ano antes, o científico afincado en Compostela levou á universidade santiaguesa a un lugar de referencia no que non adoitaban estar institucións periféricas como era o caso da USC, aínda lastrada polos estragos da Guerra Civil e a depuración de moitos investigadores. Batuecas foi nomeado entón presidente en 1960 da Comisión Internacional de Pesos atómicos. 

Un ano despois, este organismo deixou establecido que o isótopo 12 do carbono sería a unidade universal de referencia para establecer a masa atómica dos elementos. Esa é a definición que hoxe en día seguen estudando os alumnos de moi diversas ramas da ciencia en todo o planeta: é a unidade de masa definida como a doceava parte (1/12) da masa dun átomo neutro de carbono-12, no seu estado fundamental eléctrico e nuclear.

Esta é a convención que segue vixente na actualidade para os 118 elementos que forman parte da táboa polo de agora (os catro últimos foron incorporados en 2016). O importante papel do catedrático da USC nesta decisión da comunidade científica estaba directamente relacionado coa súa participación no grupo internacional de traballo dedicado a determinar da maneira máis precisa posible as masas atómicas dos elementos e o establecemento dunha escala única.

Ao longo da súa traxectoria, Batuecas publicou 139 traballos científicos, dos que arredor de 50 foron difundidos por revistas internacionais de primeiro nivel. Neles queda constancia dos esforzos do químico da USC por afinar todo o posible diversos métodos de determinación rigorosa de masas atómicas. Grazas a estes, el e o seu equipo conseguiron especificar as de varios elementos: o aluminio, o magnesio, o silicio, o sodio, o potasio, o arsénico e o plomo. Con motivo da súa xubilación, a Real Sociedade Española de Física e Química dedicoulle en 1964 unha sesión extraordinaria e a véspera do seu falecemento, en outubro de 1972, a cidade de Santiago de Compostela nomeouno fillo adoptivo e concedeulle a súa medalla de prata. Hoxe, ademais da longa e prestixiosa semente que deixou na universidade compostelá, fican dúas rúas co seu nome: unha en Santiago de Compostela, na zona do Castiñeiriño, e outra na súa vila natal de Aldeanueva del Camino.

1 comentario

  1. Recuerdo a don Tomás Batuecas cuando realicé mi tesis de Licenciatura en Ciencias químicas en el Departamento de Química Física de la Facultad de Ciencias de Santiago, en el curso 1969-70. Conservaba un laboratorio al que acudía todos los días, en incluso tenía un doctorando, José Manuel Pereira Cordido, que realizaba una tesis que podría llamarse de arqueología científica, porque medía el peso atómico del nitrógeno y la contante universal de los gases empleando las técnicas de determinación de densidades de gases basadas en los métodos de hacía más de cincuenta años, picnometría de precisión. En esencia, se pesaban con 5 cifras decimales matraces calibrados llenos de un gas a una presión medida con un manómetro de mercurio dotado de un catetómetro óptico, y a una temperatura con la centésima de grado obtenida con un termómetro Beckmann de mercurio. Nada de electrónica, todo mecánica de precisión y soplado de vidrio artesanal. La balanza empleada era de brazos oscilantes, y el juego de pesas estaba contrastado con la mayor fiabilidad con los patrones del Laboratorio de pesas y medidas de Ginebra. Todo esto era tecnología obsoleta en 1970, pero realmente muy precisa y bonita. Pereira llegó a presentar su tesis cuando ya don Tomás había fallecido; el acto de lectura sirvió para reunir en el tribunal a una serie de discípulos suyos, todos ellos Catedráticos de Química Física en diversas universidades españolas, que vinieron a rendir un homenaje póstumo a su maestro.
    Don Tomás asistía diariamente al laboratorio y hojeaba minuciosamente las revistas de su especialidad que recibía la Biblioteca de la Facultad de Ciencias. Recuerdo que fue nombrado para un tribunal de una tesis de Química Cuántica, realizada con el entonces moderno ordenador IBM 1130 del Centro de Cálculo, dirigida por el sucesor de don Tomás, Profesor Herráez. Todo el mundo creía que el viejo científico -pasaba de los ochenta años- estaría superado por aquellas nuevas disciplinas y no se enteraría de gran cosa. Sin embargo, devolvió el original de la tesis que le habían dado para revisión llena de anotaciones y correcciones, algunas de ellas referidas a publicaciones absolutamente recientes. Fue una cura de humildad para el joven doctorando, que se creía muy por encima del anciano profesor en conocimientos de Química Cuántica de última hora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis dun cento de actividades espallarán a ciencia por Galicia noutra edición da G-Night

Unha gran feira en Vigo, un roteiro en Pontevedra e charlas en Ourense, principais fitos da Noite Galega das Persoas Investigadoras

GCiencia abre o ciclo de faladoiros "Os mundos científicos de Vigo"

Os relatorios darán comezo o luns no edificio Redeiras cunha charla introdutoria que leva por título 'A divulgación científica en Galicia'

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas