A Universidade da Coruña presenta a súa táboa periódica xigante

A Facultade de Ciencias acolle unha representación de todos os elementos, cunha breve explicación dos seus usos e aplicacións

A Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña presentou este xoves a súa táboa periódica xigante, unha iniciativa impulsada pola asociación de estudantes UDC Big Bang, que fomenta a divulgación científica e tecnolóxica no seo da institución.

Detalle do cadro dedicado ao magnesio. Foto: UDC Big Bang.
Detalle do cadro dedicado ao magnesio. Foto: UDC Big Bang.

A táboa expón todos os elementos en cadanseu cadro, no que se explica a historia, orixe, usos e aplicacións de cada un dos compostos químicos. Amósanse tamén, a modo de exemplo, diversos materiais baseados en cada un dos elementos da táboa.

Publicidade

Na xornada de inauguración, celebrada este xoves na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, tivo lugar unha visita guiada á táboa, dirixida por membros de UDC Big Bang, na que se explicou a confección da táboa e a compilación de mostras. Despois da inauguración houbo tamén unha charla de Deborah García Bello, química e divulgadora científica, sobre as peculiaridades da conformación do sistema dos elementos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Que historia ocultan as rochas? Unha nova páxina web galega ten a resposta

A iniciativa Xeogalicia ofrece artigos, mapas, guías e recursos educativos para achegar a xeoloxía de Galicia a todos os públicos

A G-Night superará as 200 actividades na súa quinta edición

Vigo, Ourense e Pontevedra sumarán máis de 40 eventos que achegan a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, especialmente entre a mocidade