Unha sucesión de frontes despedirá o ano en Galicia con fortes chuvias

A entrada no novo ano virá pasada por auga, cunha redución da probabilidade de chuvascos conforme avance a semana

A Noitevella virá pasada por auga. A tan só catro días de despedir o ano, as chuvias foron e están a ser as protagonistas indiscutibles da recta final de 2022. Durante a Noiteboa e o Nadal rexistráronse fortes chuvias e ventos; un patrón que se repetirá na fin do ano, segundo os prognósticos ofrecidos por Meteogalicia. A partir do sábado 31 de decembro haberá unha entrada de sucesivas frontes a Galicia que marcarán unha alta probabilidade de chuvia. No que respecta ás temperaturas, non haberá cambios significativos e as mínimas seguirán sendo altas para a época do ano. A predición para os primeiros días de xaneiro é semellante, cunha diminución da probabilidade de chuvia conforme avanza a semana.

Malia a tregua destes días, nos que predominaron as nubes e claros en boa parte do país, a delegación da Axencia Estatal de Meteoroloxía en Galicia avisa da chegada dunha fronte fría durante a tarde deste mércores. O fenómeno será a consecuencia dunha borrasca situada actualmente sobre o Atlántico que está a iniciar o seu movemento cara a Irlanda. Así é que xa está activada a alerta amarela para este mércores nalgúns puntos de Galicia. O aviso meteorolóxico débese aos fortes refachos de vento no mar, afectando á Mariña, a Costa da Morte e o Noroeste da Coruña. No que respecta ao resto do territorio, o día comezará con chuvias polo oeste que se irán xeneralizando co avance da tarde polo resto do país.

Publicidade

Despois do paso desta fronte, o xoves 29 Galicia quedará nunha zona de chuvascos. Segundo o prognóstico de Meteogalicia, agárdase un día nubrado son chuvias frecuentes durante a mañá. En relación ás temperaturas, as mínimas ascenderán e as máximas manteranse. Na antesala da Noitevella, o venres 30, a borrasca situada ao noroeste da península comezará a exercer a súa influencia sobre o territorio, con chuvias en practicamente toda Galicia, sendo máis persistentes no interior de Pontevedra e na zona do Xurés. Meteogalicia pon a atención sobre os refachos de vento, que poderán acadar ata os 80 quilómetros por hora. Ao día seguinte, en Noitevella, predominarán as chuvias, cunha probabilidade do 90% na maioría das cidades galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla