Como se vivía unha eclipse no pasado? Descúbreo con este mapa interactivo

A Sociedade Española de Astronomía e o CSIC presentan un mapamundi con máis de 100 elementos de patrimonio cultural dende a Antigüidade

As eclipses son fenómenos que levan milenios asombrando á humanidade: curiosidade, medo, reverencia… En distintos tempos e lugares houbo interpretacións diferentes, adaptadas á cultura de cada momento e ás crenzas de cada civilización. Agora, esta información está recollida nunha nova ferramenta visual e interactiva dispoñible en liña. Trátase de ‘Un mundo de eclipses‘, un mapamundi co que é posible descubrir unha ampla selección das percepcións que tiveron as eclipses solares a través do patrimonio cultural no que se plasmaron os fenómenos.

Este mapa busca converterse nun recurso educativo gratuíto para docentes, estudantes e o público xeral. O atlas está dispoñible en castelán e inglés e conta con adaptacións para persoas con discapacidade visual.

Publicidade

É un proxecto da Comisión de Astronomía Cultural da Sociedade Española de Astronomía (SEA) coordinado pola investigadora do CSIC no Centro de Astrobioloxía (CSIC-INTA) Montserrat Villar. O programa, que presenta unha interface deseñada con intelixencia artificial xerativa, é o resultado do traballo conxunto dun equipo de máis de 20 especialistas de diferentes entidades, en campos como a astrofísica, a historia da arte, a etnoloxía, a exiptoloxía e a sinoloxía, ademais de contar con aportacións de creadores en ámbitos como a literatura ou a fotografía.

As manifestacións culturais como espello da percepción das eclipses

En total recompiláronse máis de 100 manifestacións culturais seleccionadas polo seu interese histórico, artístico ou etnográfico e pola súa diversidade xeográfica e temporal. Cada elemento conta cunha ficha completa con información detallada. Entre estas entradas atópanse murais en Uganda, textos bíblicos, xeroglíficos exipcios, a primeira fotografía dunha eclipse solar, selos de correos conmemorativos, un cómic de Tintín ou un manga no Xapón, así como mitos e lendas australianos, cherokee ou zulús.

Publicidade

En Galicia recóllese o rexistro da eclipse total de Sol de 1912 dende O Barco de Valdeorras: é unha imaxe tomada por Josep Comas i Solà na que se poden apreciar os veciños da localidade observando o fenómeno, algúns de xeito directo e outros mediante aparellos ópticos. É importante recordar que a eclipse que escurecerá Galicia o 12 de agosto deste ano non poderá contemplarse sen empregar gafas especiais ou artefactos ópticos homologados, no caso de mirar a través dunha lente.

Veciños e veciñas do Barco de Valdeorras observando a eclipse solar do 17 de abril de 1912. Cortesía de Ricardo Gurriarán Rodríguez. Arquivo familiar Gurriarán. Imaxe tomada de 'Un mundo de eclipses'
Veciños e veciñas do Barco de Valdeorras observando a eclipse solar do 17 de abril de 1912. Cortesía de Ricardo Gurriarán Rodríguez. Arquivo familiar Gurriarán. Imaxe tomada de ‘Un mundo de eclipses’

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación

Conta atrás para a gran cita coa eclipse total en Galicia: “Non volveremos ver algo así na nosa vida”

Unha cobertura do 99% ou do 100% do Sol marca a diferenza entre unha simple diminución da luz e a aparición da coroa solar e da escuridade

A eclipse do 12 de agosto converterá a natureza nun gran laboratorio para estudar a reacción dos animais

O Proxecto TriEclipse, coordinado polo documentalista Angel García-Rojo, busca investigar o comportamento da fauna en todo o territorio nacional no que se acade máis dun 98% de escuridade

Guía para gozar da eclipse sen riscos: como moverte e coidar a túa contorna

A esperada chegada de visitantes para ver o evento astronómico suporá un reto para a mobilidade, a seguridade e a protección da cidadanía e do medio ambiente