Cal é o concello máis feliz de Galicia? Consúltao neste mapa

Un estudo da empresa Sonneil Homes clasifica as cidades galegas segundo a súa calidade de vida, infraestruturas e servizos dispoñibles

A felicidade é un concepto subxectivo, pero hai quen trata de cuantificala mediante diferentes métricas. Este é o obxectivo do Spain Happy Index, desenvolvido pola empresa Sonneil Homes. Segundo este índice, o concello de Bergondo, na Coruña, é o máis feliz de Galicia, cunha puntuación de 82,94, seguido da cidade da Coruña e Oleiros.

Pero, como se mide a felicidade? A escala baséase en datos cuantitativos procedentes de fontes oficiais, como o Ministerio do Interior ou a Axencia Estatal de Meteoroloxía, co obxectivo de mapear os lugares con maior calidade de vida segundo os servizos dispoñibles.

Publicidade

Mentres que as zonas costeiras de Pontevedra e A Coruña parecen gozar de maior felicidade, os concellos situados máis ao leste das provincias de Ourense ou Lugo rexistran os niveis máis baixos. Así, A Veiga (Ourense) é o concello menos feliz, cunha puntuación de 47,52 sobre 100.

Ademais da felicidade, o índice ofrece información sobre días de sol, choiva e vento, temperatura media e poboación de cada concello. Con todo, o factor determinante á hora de medir a felicidade son os servizos dispoñibles.

Publicidade

Por que Bergondo?

Bergondo destaca como un lugar privilexiado que contribúe notablemente á calidade de vida dos seus residentes. Segundo o Spain Happy Index, convértese no concello máis feliz pola combinación de tres elementos fundamentais.

En primeiro lugar, a proximidade a infraestruturas clave, como a cercanía ao Aeroporto da Coruña (Alvedro) facilita a mobilidade e conectividade. En segundo lugar, a oferta educativa internacional na contorna próxima, como o Royal School ou o Coruña British School. En terceiro lugar, conta cunha excelente cobertura sanitaria, ao formar parte da área de influencia da Coruña, con acceso a 15 centros hospitalarios.

Outro factor que subliña a calidade da zona está nos seus concellos veciños. Tanto A Coruña como Oleiros son recoñecidos por cinco bandeiras azuis cada un, pola calidade das súas augas e servizos en praias e portos, o que complementa a oferta de benestar e ocio ao aire libre.

A felicidade da ría de Vigo

No mapa do Spain Happy Index, a ría de Vigo tínguese de verde. Concretamente, Vigo é o concello máis feliz deste enclave, con 82,6 puntos. A súa puntuación débese á dispoñibilidade dun aeroporto próximo como Peinador, nove recoñecementos de Bandeira Azul, a presenza de catro centros de ensino internacional nos seus límites e acceso a 11 hospitais na área metropolitana de Vigo.

Esta ampla oferta de servizos e calidade ambiental consolídanos como un destino moi atractivo para vivir. Séguenlle de preto, Moaña e Nigrán, con 81,79 e 81,43 puntos de felicidade, respectivamente. A súa alta valoración pode atribuírse á proximidade á cidade de Vigo e a contar tamén con distincións de Bandeira Azul nas súas costas.

A Veiga, un lugar infeliz?

No índice, o concello de A Veiga (Ourense) sitúase como o menos feliz de Galicia, reflectindo os retos derivados da súa localización e servizos.

A baixa puntuación débese fundamentalmente á distancia das infraestruturas esenciais: o aeroporto máis próxima para o acceso aéreo atópase a unha distancia de máis de tres horas e noutra comunidade autónoma, Asturias.

Ademais, o concello só conta cun hospital accesible na súa contorna, situada na comarca de Valdeorras, o que implica unha menor cobertura na área sanitaria máis próximo.


Podes consultar o mapa completo na seguinte ligazón.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

2 COMENTÁRIOS

  1. Que o aeroporto más cercano se atopa a máis de 3 horas é falso, tanto Coruña, Santiago como Vigo e incluso Oporto se atopan a menos de 3 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A eclipse a través do móbil: o novo simulador para saber como se verá dende calquera punto de Galicia

A aplicación en liña emprega a cámara, o GPS, o acelerómetro e a brúxula para recrear o fenómeno astronómico do ano

O efecto Purkinje, o curioso fenómeno que cambiará as cores durante a eclipse total de Sol

A diminución brusca da luz activa os bastóns da retina e fai que os tons vermellos, laranxas e amarelos se perciban máis escuros

Catro días de incógnita

Días antes da eclipse do 12 de agosto, a meteoroloxía e a nubosidade seguen a ser as preguntas máis frecuentes para asegurar a observación. Por Andrea Veiga

As claves da NASA para observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto

Galicia será un dos territorios europeos privilexiados para contemplar o fenómeno astronómico do ano a causa do paso da banda de totalidade polo territorio