A Xunta confirma que a temperatura do mar propiciou a morte masiva de navallas na Lanzada

As análises realizadas polo Intecmar descartan que o marisco estivese afectado por algún axente patóxeno

En pleno xuño, a praia da Lanzada cubriuse dun manto de navallas mortas. Por aquel entón, a temperatura da auga experimentara unha subida pronunciada. Era a primeira hipótese da Confraría de San Martiño do Grove e da Xunta, mais había que comprobar que non se tratase dun axente patóxeno. Despois de máis dun mes de análises realizadas polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), a Consellería do Mar ratifica que tal cantidade de moluscos morreu polas augas cálidas, que se situaban arredor dos 20 graos, unhas condicións anómalas que estos organismos non soportaron. Todo apunta a que “os exemplares foron arrastrados ás praias froito das condicións meteorolóxicas e marítimas existentes nese momento na zona”, informan dende a administración.

Este foi só o primeiro capítulo do que semella que se pode converter nunha serie de anormalidades derivadas da temperatura do mar. Un mes despois, A Lanzada volvía rexistrar unha morte exaxerada de cadeluchas e loigueróns coicidindo cunha subida das temperaturas. E entre ambos episodios, A Illa de Arousa notificaba a perda dunha importante cantidade de navallas, ameixas e longueiróns. O Intecmar revelará cal foi o motivo da morte, aínda que a Consellería mantén as augas cálidas entre as súas hipóteses. As mariscadoras de Carril, na Ría de Arousa, falan tamén de cambio climático cada día que van faenar: cada vez hai menos marisco que recoller e, por ende, menos cartos que gañar.

Publicidade

As temperaturas do Atlántico Norte experimentaron un ascenso este ano xamais rexistrado. Os científicos recoñecen que todo o que poida pasar a partir de aquí, é territorio “descoñecido”. En Galicia, houbo termómetros que marcaron máis de 24 graos, como na illa de Cortegada, cando os valores normais se enmarcan entre 18 e 19. Estas temperaturas baixan cando o aire do nordés remove as augas superficiais, promovendo o afloramento e convertendo á ría de Arousa nun paraíso de produción de marisco. Con todo, estas masas de augas profundas que proveñen do Atlántico Norte están sendo cada vez máis cálidas. O quecemento que está sufrindo o océano é un fenómeno sen precedentes. Polo momento, xa se romperon todos os récords previos. Por primeira vez dende que comezaron os rexistros, a temperatura media do Atlántico excedeu os 21 graos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aire acondicionado fronte ao cambio climático: indispensable ou incompatible?

A OMS presenta unha nova guía de plan de acción sobre saúde e calor na que recoñece os seus efectos negativos á vez que insiste na necesidade de acceso

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Galicia rexistra 18 mortes en maio asociadas á calor extrema

A provincia da Coruña foi a máis golpeada ao sumar 15 dos falecementos totais do mes, mentres que Ourense non rexistrou ningún