Abril de 2024 foi o máis caloroso dende que existen rexistros globais

A temperatura foi 1,49 graos superior á media do período comprendido entre 1991 e 2020

O pasado mes de abril foi o máis cálido que calquera outro anterior no rexistro global. Así o informou o Servizo de Cambio Climático Copernicus (C3S). Concretamente, foi 1,58 graos máis cálido que no promedio para 1850-1900, o período preindustrial de referencia; á vez, foi 1,49 graos superior á media de 1991-2020, o que o converte no segundo abril máis cálido rexistrado no continente. No caso de Galicia, informou a Xunta, a anomalía media de temperatura foi de 1,9 graos.

Os valores térmicos estiveron máis por enriba da media nas rexións de Europa do Leste. Tamén, as temperaturas foron superiores ao promedio no norte e noreste de América do Norte, Groenlandia, o leste de Asia, o noroeste de Medio Oriente, partes de América do Sur e case toda África.

Publicidade

O fenómeno El Niño no Pacífico ecuatorial oriental debilitouse e alcanzou unha situación neutra, aínda que as temperaturas do aire mariño en xeral mantivéronse nun nivel inusualmente alto. A temperatura global da superficie do mar promediada para abril de 2024 foi de 21,04 graos, o valor máis alto rexistrado en abril. Carlo Buontempo, director do Servizo de Cambio Climático de Copernicus (C3S), alegou que “Con ciclos naturais como El Niño que van e veñen, a enerxía extra atrapada no océano e a atmosfera polas crecentes concentracións de gases de efecto invernadoiro seguirán empuxando a temperatura global cara novos récords”.

Un abril moi cálido para Galicia

Dende o punto de vista meteorolóxico, abril quedou dividido en tres partes diferenciadas. A principios e finais do mes a inestabilidade e as borrascas, xunto co aire frío, foron as características máis salientables, pero na etapa intermedia identifícanse dúas semanas nas que o anticiclón situado ao norte deixou tempo seco e solleiro así como a achega de aire cálido do sur.

Publicidade

Esa duradeira situación de aire tan cálido a mediados de mes fai que a temperatura media estea moi por riba do valor climático dun mes de abril. Ademais, as etapas de tempo seco compensaron os períodos húmidos polo que os acumulados de precipitacións se atopan, en xeral, dentro do agardado para este mes.

Máis polo miúdo, o valor medio da temperatura máxima foi de 17,8 graos e no caso da mínima foi de 6,8 graos. Os índices máis altos —entre 21 e 22,3 graos— rexistráronse nas ribeiras do río Miño ao seu paso pola provincia de Ourense. Os valores máis baixos -entre 3 e 4,2 grados- foron nas zonas montañosas ourensás.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Un estudo de Copernicus alerta do elevado nivel de ozono troposférico no litoral galego

Vén de publicarse o novidoso informe 'Atmosphere Watch' que analiza a contaminación mundial e mide o impacto dos grandes lumes

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro